займ срочно

A Depresión Meridiana, no produto turístico da Deputación

0

Bisbarra, 27 de abril do 2022 – A Deputación da Coruña comeza un novo proxecto singular turístico ao redor da Depresión Meridiana que implica a avrios concellos da provincia.

A Depresión Meridiana inclúe na Coruña aos concellos de Carballo, Val do Dubra, Ames, e Padrón. O proxecto non descarta buscar a implicación da Xunta de galicia e da Deputación de Pontevedra xa que en esta provincia afecta aos concellos de Pontecesures, Caldas de Reis, Pontevedra, Redondela, Porriño e Tui.

Depresión Meridiana

Autor da imaxe De Edoarado; derivative work: Jglamela – https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Galicia_Topo.svg, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=93334153

Esta formación natural, que podería proceder dunha falla, facilitou a comunicación entre o norte e o sur de Galicia, desde Carballo a Tui.  O vicepresidente e responsable provincial de Turismo, Xosé Regueira, explica que “Este novo proxecto parte dun accidente xeolóxico único e que serviu para configurar territorio, para configurar cultura e para configurar paisaxe e a partir do que queremos deseñar nos vindeiros anos produtos turísticos de caldiade que sexan positivos a poboación xeral, para a poboación residente, para os sectores económicos e tamén para o turismo”.

O proxecto iniciouse cunha reunión no concello de Ames coa participación, ademais de Regueira, do alcalde de Ames, Blas García; o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas; o tenente de alcalde de Ames, David Santomil; e o concelleiro de Turismo, Manuel Lens, ademais de outros concelleiros e técnicos de turismo.

Mesas de traballo

Na xuntanza tomouse a decisión de crear dúas mesas de traballo, unha conformada por responsables políticos dos concellos involucrados  (Carballo, Val do Dubra, Ames, e Padrón) e outra de perfil técnico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies