O Pino, 27 de novembro do 2018 – Como xa sucederá en outras ocasións o Psoe do Pino denuncia a falta de pediatra no centro médico ao non cubrirse unha baixa.
O servizo de pediatría do Pino non afecta só ao concello xa que é compartido polo de Touro. O SERGAS non cubre baixas e ausencias polo que ao longo de esta semana non hai servizo. Os socialistas critican a solución dada desde a administración que propón que os menores de dous anos vaian a Arzúa ou Santiago e o resto sexa atendido polos outros médicos.
As familias solicitan servizo diario en O Pino
O socialistas, afirman que, as familias están cansadas das repetidas carencias, e solicitan que o Centro de Saúde de O Pino debe ter un servizo diario de pediatría, o contar con cota suficiente para iso. Critican a ao alcalde e reclaman del que faga as xestións necesarias para que se solucione o problema.