займ срочно

Volven a denunciar a situación do Psiquiátrico de Conxo

0

Compostela, 26 de xaneiro do 2022 – Nun tempo no que se comeza a falar dos problemas de saúde mental, e a falta de atención sobre este tema, segue sobre a mesa a situación do Psiquiátrico de Conxo.

Compostela Aberta levará ao vindeiro pleno unha moción que pide que o concello de Santiago reprobe á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago pola súa xestión do Psiquiátrico.

A moción urxe á Xunta de Galicia a solucionar as moitas deficiencias que se teñen detectado no hospital. A concelleira María Rozas denuncia que “a situación que se vive neste centro é insostible desde o punto de vista da dignidade e dos dereitos humanos, sen que a Xunta cumpra o seu compromiso e o seu deber de actuar para solventala”.

Rozas engade que “as denuncias sobre a situación do Psiquiátrico non son novas, pero as súas deficiencias non fixeron máis que agravarse e quedar en evidencia durante a pandemia da Covid-19. Hai xusto un ano, no hospital detectouse un brote de coronavirus que lle afectou a case 40 persoas, e que revelou que no Psiquiátrico non existían nin medios nin un protocolo de actuación fronte á pandemia, tal e como denunciaron traballadores, sindicatos, e mesmo o Movemento Galego de Saúde Mental”.

Compostela Aberta denuncia que a situación non mellorou dous anos despois e que “as persoas ingresadas no psiquiátrico seguen sen a recibir nin a protección nin o trato acaídos nestes momentos de incremento dos casos de Covid-19”.

Deficiencias recoñecidas

A concelleira de Compostela Aberta incidiu en que “os problemas no Psiquiátrico non comezaron coa pandemia, e de feito xa foron denunciados desde o ano 2017 polo Mecanismo Nacional de Prevención da Tortura, que exerce o Defensor del Pueblo”. Este organismo realizou dúas visitas sorpresas ao hospital de Conxo nos anos 2017 e 2018, nas que constatou cuestións como o trato discriminatorio ás mulleres ingresadas, un caso de violencia sexual tratado de maneira inadecuada, e diferentes irregularidades que se traduciron en 17 recomendacións ás autoridades sanitarias galegas “que nunca tiveron resposta, malia que o Sergas asegurou ter feito unha inspección propia e unha auditoría que non foi máis que un informe de catro páxinas”.

María Rozas explicou que a propia Xunta, a través da consellería de Sanidade, recoñeceu tras unha inspección realizada en setembro de 2021, que o Psiquiátrico non dispón dun protocolo propio sobre contención dos pacientes, que non conta cunha normativa escrita que regule a súa saída, e que existen deficiencias nas condicións do edificio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies