займ срочно

Denuncian que os servizos mínimos marcados na folga de transporte de SOGAMA son abusivos

0

Bisbarra, 13 de abril do 2019 – A FGAMT-CIG denuncia que a consellaría de Medioambiente impuxo uns servizos mínimos abusivos para a folga indefinida convocada no servizo de transporte de Residuos Sólidos Urbanos (RSU) de SOGAMA, subcontratados a Transportes Pacholo S.L.

Según o decreto publicado onte venres e asinado pola propia conselleira de Medioambiente, Ánxeles Vázquez, establécense para as xornadas de folga o mesmo número de traballadores/as que en xornadas normais e, durante a Semana Santa, máis traballadores dos que terían que traballar en función do cuadrante existente na empresa.

A CIG denuncia que as alegacións presentadas pola central sindical no se tiveron en conta. De feito, no Decreto de Servizos Mínimos establécese que estes serán do 61% a partir da Semana Santa e do 73% na primeira semana de folga. Estas porcentaxes non teñen en conta que nunha xornada normal un terzo do cadro de persoal está de libranza e os outros dous terzos traballan nas outras dúas quendas.

Por outra banda á hora de contar co número de traballadores e traballadoras o listado que facilitou a empresa á consellaría incluía mesmo aos propietarios e ao Xerente da empresa. Polo tanto, en canto aos condutores con este decreto estáselles, na práctica, a vulnerar o seu dereito fundamental á folga.

Decisión política

A CIG considera que esta é unha decisión política, co que a consellaría, SOGAMA e o PP “métense de cheo nun conflito no cal a súa participación debera ser para achegar posturas entre as partes e non para incendialo”.

Para Inácio Pavón, da FGAMT-CIG de Compostela, “desgraciadamente esta unha práctica habitual nos últimos tempos do PP a través da administración galega, como ten ocorrido recentemente no conflito do convenio de ambulancias”.

Neste conflito xa se denunciaran os servizos mínimos abusivos impostos no primeiro período de folga en xuño de 2018 e o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declarounos como tal no mes de outubro. “Posteriormente e a sabendas de que volvían ser abusivos volveron impor os mesmos servizos mínimos abocando o conflito de ambulancias a un beco sen saída, e iso é o que agora pretenden facer novamente neste conflito”.

A CIG anuncia que nas mobilizacións ademais de denunciar a complicidade do Presidente de SOGAMA, Javier Domínguez Lino, encamiñaranse tamén a “pór de manifesto a responsabilidade da consellaría de Medio Ambiente e do Partido Popular, que queren impor un modelo que, a través da precarización das condicións laborais e da falta de respecto ao medio natural, beneficie ás empresas concesionarias”.

A principal concesionaria é COPASA, que na documentación da trama Gurtel aparecía como a empresa galega maior donante ao propio Partido Popular.

A folga iniciarase este luns ás 00:00 e con carácter indefinido continuará até que se readmita aos traballadores  despedidos e rematen as presións e o acoso laboral.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies