A Estrada, 29 de xullo do 2018 – O Bloque Nacionalista Galego de A Estrada denuncia os continuos cortes de luz que ven sufrindo o Val de Vea nas dúas últimas semanas.
Os cortes sufridos producíronse os días 14 e 27 de xullo e tiveron unha duración de varias horas. Desde o BNG consideran inaceptábeis os continuos cortes de luz que sofren no Val de Vea porque non hai causa meteorolóxica aparente, que poida xustificalos. Para os nacionalistas isto demostra que o ocorrido no temporal de febreiro de 2017, non só foi debido ao temporal, senón posibelmente á anticuada infraestrutura eléctrica de Gas Natural Fenosa, agora Naturgy, “que debería investir máis cartos en mellorar as liñas, no canto de gastar tanto en propaganda”.
Dende o grupo nacionalista instan ao alcalde a facer as xestións necesarias coa empresa Fenosa para que arranxe este problemas pero tamén para que invista o necesario para que a veciñanza do Val de Vea non sufran cortes inxustificados.
