Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

Denuncian o mal estado do Centro de Saúde de Santa Comba

BNG SANTA CO,MBA DENUNCIAS CENTRO SAUDE 16 FEBREIRO 2026

As protestas polo mal estado da sanidade se repiten nos últimos anos. Son os usuarios os que máis demandan melloras pero os traballadores teñen tamén os seus propios problemas no día a día, como sucede en Santa Comba.

A CIG-Saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza vén de anunciar a convocatoria dunha concentración diante do Centro de Saúde de Santa Comba baixo o lema “Pola seguridade nos postos de traballo. Coa nosa saúde non se xoga”.

Os representantes dos empregados protestan polo grave deterioro que sofre, desde hai anos, o Centro de Saúde de Santa Comba e que “pon en risco a seguridade e saúde, tanto das persoas usuarias, como das traballadoras”.

A CIG-Saúde lembra que hai máis de tres anos se presentaron varias denuncias, tanto diante da autoridade laboral, como nos distintos órganos de Prevención e Saúde dentro da Área Sanitaria, sen que se traduciran, até o de agora, en actuación algunha para resolver a situación.

Titularidade municipal

A CIG-Saúde considera que a titularidade municipal do centro de saúde de Santa Comba obstaculiza considerablemente unha coordinación entre as administracións. Afirma, porén, que “isto non pode servir en ningún momento de escusa, ante o deterioro progresivo e decadente que presenta o centro , tanto na parte de PAC como na do Centro de Saúde”.

Denuncia ademais que tamén se incumpriron os requirimentos realizados da autoridade laboral, en agosto de 2024, para que se resolveran esas deficiencias.

Apunta, entre outras cuestións, o frío que hai nas consultas de xeito habitual, con temperaturas de 12ºC no bloque de consultas do Centro de Saúde; unha instalación eléctrica obsoleta, que salta acotío e provoca constantes interrupcións.

Denuncia goteiras e humidades perpetuas; cheiros a fosa séptica; falta de illamento do tellado e áreas de tellas rotas ou deterioradas con perigo de desprendemento, ao que engade unha área administrativa obsoleta na súa funcionalidade.

Por iso, unha vez esgotadas as canles de comunicación destas incidencias e ante a gravidade que está a tomar o asunto se fai un chamamento a persoas traballadoras e usuarias a participar na concentración do vindeiro xoves, día 19, ás 11:00 horas, diante do Centro de Saúde de Santa Comba.

Post navigation

Previous: A Deputación busca casa en Compostela
Next: Touro acada un éxito co Ulla Fest

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.