Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Ordes

Denuncian a inseguridade dunhas obras de demolición do concello de Ordes

O BNG recolle queixas veciñais sobre as obras de demolición da antiga fábrica de Viriato e pide que o concello interveña.

Imaxe das obras de demolición en Ordes

Ordes, 6/05/2026 – O portavoz do BNG de Ordes, Pablo Vidal, reclama que se supervisen as obras de demolición das antigas instalacións da empresa Viriato. Os nacionalistas presentaron un escrito por rexistro don recollen as queixas veciñais e piden a intervención do concello.

Para o BNG, os traballos de machucado do escombro “están a xerar unha gran cantidade de po en suspensión, que acaba entrando polas fiestras nas vivendas próximas á obra, ou mesmo impide o uso de espazos exteriores, como terrazas”.

O bloque de Ordes demanda ao alcalde, José Luís Martínez Sanjurjo, que “requirira á empresa adxudicataria dos traballos, o emprego das medidas establecidas no prego do contrato, como canóns nebulizadores de auga, de xeito que se reduza a xeración de po durante os traballos de machuqueo dos materiais”.

Por outra banda, a fronte nacionalista sinala que o recinto da gardería Herminio Rial “atópase completamente aberto e exposto, sen dispor ningún tipo de valado cara a parcela onde se efectúan os traballos de demolición”, algo que para o portavoz do BNG, Pablo Vidal, supón “unha imprudencia e irresponsabilidade totalmente inaceptable, que debe ser corrixida inmediatamente”.

Os nacionalistas de Ordes demandan “levar a cabo as actuacións precisas para eliminar os riscos derivados da execución da obra sobre o recinto da gardería, como o po en suspensión, caídas a distinta altura sen ningún tipo de protección, proxección de materiais ou partículas…”.

Segundo opina Pablo Vidal, neste tipo de situacións “non existe unicamente unha responsabilidade técnica, se non que tamén existe unha responsabilidade política derivada dun goberno totalmente apoltronado, que cobra salarios por unhas obrigas que logo non asume”.

Post navigation

Previous: Festas da Ascensión 2026
Next: Teatro do Noroeste estrea en Brión “Polo de Franco”

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.