Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Xeral

Denuncian o “inadmisible estado” da biblioteca do Milladoiro en Ames

UCIN Ames reclama unha actuación urxente por parte do concello para arranxar todos os problemas da biblioteca

ames ucin bibblioteca milladoiro 23 febreiro 2026 (2)

Non é a primeira vez que se denuncia o mal estado da biblioteca do Milladoiro, en Ames. O seu deterioro co paso dos anos fíxose cada vez máis evidente e as últimas imaxes o poñen en evidencia.

UCIN Galicia denuncia a gravidade da situación di biblioteca. Filtracións deficiencias estruturais e en xeral problemas debidos a “un evidente deterioro por falta de mantemento”.

Dende UCIN sinalan que as imaxes coñecidas nos últimos días, con cubos recollendo auga no interior das instalacións e placas do falso teito retiradas, “non son propias dun edificio público en funcionamento, senón dunha infraestrutura abandonada á súa sorte”.

Engaden que “é absolutamente intolerable que un espazo destinado ao estudo, á lectura e á formación da nosa mocidade teña que operar en condicións que comprometen tanto a conservación do material bibliográfico como a seguridade das persoas usuarias”.

Tamén advirten que as filtracións continuadas poden provocar o deterioro irreversible de libros e fondos documentais; posibles incidencias nas instalacións eléctricas ou problemas de salubridade derivados da humidade persistente.

A formación política reclama ao Goberno municipal do Concello de Ames que informe con claridade sobre as actuacións previstas e o seu calendario de execución.  UCIN Galicia considera que “a veciñanza do Milladoiro merece instalacións públicas dignas e en condicións óptimas, especialmente nun servizo básico como é unha biblioteca municipal”.

Post navigation

Previous: A Deputación explora liñas de colaboración con ASANOG
Next: Teo, todo por descubrir

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.