Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

Denuncian o deterioro do ximnasio municipal de Santa Comba

O voceiro do BNG de Santa Comba, Juan David Sixto, esixe ao goberno municipal accións urxentes para evitar perigos nas instalacións

santa comba deterioro ximnasio 23 xaneiro 2026 (2)

Na última década instalacións deportivas como un ximnasio foron converténdose en peza clave dos servizos de deportes dos concellos. Un tipo de material que require dun mantemento que non sempre se fai e non sempre do mellor xeito.

O BNG de Santa Comba denuncia precisamente o mal estado no que se atopa o ximnasio municipal e esixe que se soluciones os “graves problemas de deterioro”. O portavoz nacionalista, Juan David Sixto, ven de rexistrar unha iniciativa en este sentido xa que o deterioro está afectando e poñendo en risco ás persoas usuarias das instalacións.

Auga encharcada, goterias continuas, perigo nas instalacións eléctricas e deterioro avanzado das máquinas deportivas son algúns dos problemas que segundo a denuncia do BNG  afectan ao ximnasio municipal de Santa Comba.

Para os nacionalista “a situación estase complicando día a día xa que coas fortes choivas a auga aínda está a provocar un maior deterioro e podemos ver como inunda algunha superficie e mesmo se concentra en zonas próximas ás instalacións eléctricas”. Juan David Sixto alerta dos “riscos que conleva unha situación así, que cada día vai a máis polo que non é posíbel demorar máis a execución das medidas necesarias”.

Post navigation

Previous: O alcalde de Noia reúnese en Madrid co Ministro de Cultura
Next: Un estudo alerta de que Altri afectaría a especies protexidas

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.