O Pino, 20 de outubro do 2021 – O concello do Pino recibiu unha axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) que dous anos despois non cumpriu os obxectivos previstos.
O Psoe ven de remitir unha nota de denuncia á AGADER, Inés Santé, para que esixa ao concello do Pino que devolva a subvención por incumprimento reiterado. A axuda foi recibida a través do Plan Leader para adquirir o equipamento dun pequeno ximnasio que se instalaría no pavillón deportivo de Lameiro.
O concello adquiriu varias cintas de correr, elípticas, bicicletas estáticas e máquinas de remo. Todo o equipamento foi colocado no citado pavillón. O ximnasio tiña que ter aberto a finais do 2019 pero a día de hoxe segue pechado.
Pedir explicacións
O PSOE do Pino alega no seu escrito ao AGADER que o Concello incumpre, “de forma reiterada”, co obxecto da axuda e coa normativa en materia de subvencións, “agora, a quen toca pedir explicacións é á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, como ente público dependente da Xunta de Galicia, e ente que concede este tipo de axudas”, indican.
Os Socialistas tampouco aceptan como escusa a pandemia do Covid-19, “a estas alturas todos os veciños e veciñas tiñamos que coñecer o protocolo do uso das máquinas e horarios, e nada se sabe do asunto. Se existira un mínimo de interese este traballo tiña que estar feito e ser público” afirman.
O PSOE local lamenta, unha vez máis, que o Alcalde e o seu equipo, opte ás axudas co único propósito de sacar a foto, e pouco ou nada importen os servizos que se ofrecen á poboación do Pino.