Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Denuncian ante a inspección de traballo á Xerencia da Área Sanitaria pola situación de pediatría nas urxencias do Hospital Clínico

CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar na Inspección á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza polas graves deficiencias da unidade de Urxencias do hospital Clínico de Santiago, en especial en pediatría.
cig-denuncia-pediatria-urxencias-clinico-slide-2-novembro-2020_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 2 de novembro do 2020 – CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar na Inspección á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza polas graves deficiencias da unidade de Urxencias do hospital Clínico de Santiago, en especial en pediatría.
    • Denuncia do persoal de enfermería
    • Zona de espera nun corredor
    • Falta de mobiliario e instrumental
    • Demanda de medidas preventivas Covid

Compostela, 2 de novembro do 2020 – CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar na Inspección á Xerencia da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza polas graves deficiencias da unidade de Urxencias do hospital Clínico de Santiago, en especial en pediatría.

Segundo explica Xavier Alvedro, representante da CIG-saúde de Compostela, o 12 de marzo deste ano realizábase un informe de Avaliación de Riscos Laborais do Servizo de Urxencias de Pediatría no que se enumeraban unha serie de deficiencias entre as que se salientaba que o servizo non dispoñía dunha área para realizar a limpeza e desinfección dos EPIs reutilizables e a inexistencia na zona destinada a doentes ou con sospeita de COVID dunha área para a preparación da medicación.

O informe sinalaba a necesidade de programar a realización de avaliación de Riscos Psicosociais ao persoal, algo que según explican “a data de hoxe nada disto se fixo”.

Imaxen de Michal Jarmoluk en Pixabay 

Denuncia do persoal de enfermería

Alvedro lembra que o propio persoal de enfermería remitía en agosto un escrito á xerencia denunciando tamén que na zona destinada a doentes Covid ou sospeita “xa non é que non haxa un cuarto para a preparación de medicación, é que non hai un cuarto nin zona destinada á atención dun doente crítico ou ben á espera de ser ingresado/a na UCI de Pediatría, o que conleva que ese paciente sospeitoso ou diagnosticado de Covid-19 teña que ser atendido ou estabilizado na zona limpa, ben no cubículo destinado a tal efecto, coñecido como ‘críticos’ ou ben para o Hospital de Día”.

Xunto a isto denunciaban que “na zona sucia non hai conexións de kalinox para a sedación de doentes axitados, o que conleva que os teñan que pasar a zona limpa, xa que todos os aparataxes e conexións destinados á atención crítica e urxente están na denominada zona limpa”.

CIG-Saúde denuncia que existe claramente na actualidade “unha mestura de circuíto covid/non covid”, cando é fundamental que ambos estean claramente diferenciados e que cada circuíto dispoña de equipamento, box de críticos, box de observación, cuarto de medicación, ao igual que as salas de espera.  Afirma ademais que “tampouco existe persoal diferenciado para zona covid/non Covid, actuando os propios traballadores como vectores de transmisión do SARS-Cov-2 de zona covid a non Covid”.

Zona de espera nun corredor

Xunto a estas cuestións a CIG-Saúde denuncia importantes deficiencias de funcionamento na unidade como que a zona de espera de doentes non Covid estea no medio dun corredor alleo ao servizo, sen vixilancia de ningún tipo polo persoal da Unidade; con vías canalizadas e a carón do bloque de ascensores centrais e de paso de numerosas persoas, sen ningún tipo de protección, nin mampara de separación. Tamén aseguran que está no medio dun corredor a zona dedicada a triaxe limpa, sen ningún tipo de garantía para a protección de datos persoais nin confidenciais.

Falta de mobiliario e instrumental

Na unidade falta ademais material mobiliario e instrumental de traballo, desde tensímetros até monitores nos cubículos de observación, pulsiómetros que non están ancorados, o que provoca que calquera neno poda tirar do cable e que caia enriba del; cubetas de medicación rotas na zona de box de críticos e cun informe da unidade de prevención de riscos laborais de dotar máis estaterías de medicación na outra parede…

No informe de avaliación recóllese tamén, e así o denuncia a CIG-Saúde de Compostela, que faltan camas regulables en altura na sala destinada a Hospital de Día e que as existentes teñen problemas de freado de rodas.

O mesmo ocorre co material para facer RX, porque “en moitas ocasións son as nais ou pais das nenas ou nenos quen se encargan da súa suxeición para facerlle a radiografía, pero sen levar ningunha protección, co que levan a radiación de forma gratuíta”. Xunto a isto, nin sequera hai un libro de rexistro de estupefacientes na unidade, co que se ten que compartir o existente co servizo de UCI de pediatría.

Para a CIG-Saúde tamén é un problema para garantir a protección de datos que ao non dispor de encamiñadores mediante códigos nas salas de agarda a xente o persoal do servizo tea que chamar a viva voz ás/aos doentes.

Demanda de medidas preventivas Covid

Diante desta situación, a CIG-Saúde demanda medidas preventivas organizativas para minimizar o intercambio de persoal sanitario entre zonas covid e non Covid e unha protocolización clara das áreas de traballo, delimitando o circuito Covid e non Covid –claramente sinalizados- e garantindo en cada un equipamento, box de críticos box de observación, sala de preparación de medicación ou sala de espera.

Xunto a isto exixe que se faga a avaliación de riscos psicosociais do persoal, tal e como se contemplaba no informe de avaliación de riscos do mes de maio e que a Xerencia dispoña da planificación preventiva das medidas de avaliación de riscos de urxencias de pediatría, xa que a esta altura se descoñece a súa existencia.

Post navigation

Previous: Miguel de Lira recibe o Maruxa Villanueva de teatro
Next: Ventín traballa pola igualdade tamén en Samain

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.