Touro, 9 de xullo do 2021 – Ecoloxistas en acción presentou no xulgados unha denuncia contra o concello de Touro e a Xunta de Galicia por presuntos delitos de prevaricación, contra o medio ambiente, os recursos naturais e a saúde pública.
A denuncia prodúcese pola reiteradas emanacións de gases tóxicos da empresa Tratamiento Ecológicos del Noroeste pese as múltiples denuncias da veciñanza da zona.
A empresa Tratamiento Ecológicos del Noroeste, SL (TEN) desenvolve desde o 2004 unha actividade de tratamento de residuos no Lugar da Mina no concello de Touro. No 2015, a empresa TEN realiza obras sen que conste ningunha licenza municipal rexistrada no concello nesas datas e a nome desta empresa. Igualmente non se ten constancia no concello de licenzas concedidas anteriores á autorización ambiental integrada (AAI) de 2016. A estrutura fundamental son 2 naves executadas en períodos distintos e instaladas en solo rústico de protección de infraestruturas, non encaixando así, a actividade da empresa TEN en ningún dos usos que recolle o PXOM de Touro ou a Lei do Solo vixente nese momento como permitidos ou autorizados neste tipo de solo.
Na denuncia de Ecoloxistas en acción solicítase ao xulgado que abra procedemento penal contra Dna. María Sagrario Pérez Castellanos en calidade de Directora xeral da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio Climático; contra Dna. Ángeles Vázquez Mejuto en calidade de Conselleira da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; contra D. Ignacio Codesido Barreiro en calidade de alcalde do concello de Touro; contra D. Alfredo Souto Castelo en calidad de alcalde en funcións durante os feitos descritos e contra D. José Antonio Gómez Pedreira en calidade de secretario-interventor do concello de Touro.
Vertedoiro de lodos asoballando humedal
No 2020, o Concello de Touro emite un informe en relación á revisión de Autorización Ambiental Integrada da empresa TEN onde se poñen de manifesto as irregularidades e incumprimento da AAI outorgada a TEN no 2015. Neste informe póñense en dúbida as garantías que a empresa ofrece sobre as autorizacións dos residuos que se procesan; dúbidas sobre o debido control dos residuos que entran en proceso; sobre a capacidade de entrada de material nas cantidades autorizadas; sobre os controis e cumprimento da AAI; sobre o tratamento conxunto de diversos residuos de distinta procedencia e materia, co grave incumprimento do control de olores, manifestándose a constancia dos mesmos e a influencia na vida diaria dos veciños, na súa calidade de vida.
Ecoloxistas en Acción sinala que supón un incumprimento do contido da AAI e o recoñecemento expreso da existencia de múltiples denuncias sin resolver ao longo destes anos, a falta de control de silos de almacenamento, das entulleiras, a falta de idoneidade dos camións de transporte dos residuos por estradas públicas impregnando de olores por onde pasan.
En maio de 2021, na sede do Parlamento de Galicia na Comisión 7, lévase o tema das actuacións da empresa TEN e as queixas dos olores e as dúbidas sobre o tratamento dos residuos e o incumprimento da AAI. Na sesión parlamentaria o representante da Consellería de Medio Rural confirma as denuncias existentes durante anos, as queixas veciñais e sustenta e xustifica a actuación da empresa baseada única é exclusivamente en informes que a empresa emite. O Concello de Touro e a Xunta de Galicia recoñecen o problema e realizan instrucións, pero dan por válidos os informes que a posteriori presenta a empresa sin atender á realidade e ao incumprimento da AAI a pesar de que, dende hai anos, rexístranse denuncias diarias.
A organización ecoloxista galega sinala que a veciñanza dos concellos de Touro e do Pino levan máis de 20 anos denunciando as continuas irregularidades destas empresas, polos fortísimos olores derivados do almacenamiento e depósito de lodos, polo desbordamento das balsas da antigua mina, por verteduras aos ríos, con continuas chamadas ao SEPRONA, ao 112 nos que constan os rexistros das innumerables queixas e denuncias que non chegan a tramitarse ata as últimas consecuencias e que as administracións, local e autonómica, deixan en mans da empresa os informes preceptivos antes que adoptar as medidas sancionadoras e de vixianza sobre o terreo.
Segundo a veciñanza “é habitual, e case diario, cheirar a amoníaco e metanona na zona”. A alta exposición a altos niveis de amoníaco (NH2) pode ser irritante para a pel, os ollos, a garganta e os pulmóns e pode producir tose e queimaduras. A exposición a niveis moi altos de amoníaco pode producir dano do pulmón e a morte. Algunhas persoas asmáticas poden ser máis sensibles aos seus efectos.
Para acadar a protección da saúde das persoas e dos ecosistemas no relativo á calidade do aire a Xunta de Galicia analiza os datos de concentración de contaminantes no aire rexistrados polas estacións de medición da Rede de Calidade do Aire de Galicia. A veciñanza afectada de Touro foron solicitantes á administración autonómica, insistentemente, da colocación dunha estación que medira a calidade do aire da zona sen unha resposta positiva da administración galega.