Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Val do Dubra

Demandas axudas á natalidade en Val do Dubra

Os socialistas de val do Dubra critican a falta de axudas á natalidade e que se rexeitara a moción presentada no último pleno municipal.
Concello de Val do Dubra_DSC9931 normal_r

Val do Dubra, 22 de febreiro do 2022 – Os socialistas de val do Dubra critican a falta de axudas á natalidade e que se rexeitara a moción presentada en este sentido no último pleno municipal.

O voceiro do Psoe en Val do Dubra, Diego Luís Díaz, explica que se trataba dunha moción que só quería impulsar “unha ordenanza reguladora de axudas para nacementos de fillos e fillas, adopción ou acollemento preadoptivo, tal e como xa teñen concellos similares ao noso, e que estas se poidan outorgar en base a criterios obxectivos, entre os que figure a renda”.

Díaz engade que esta ordenanza “tería un impacto económico menor no orzamento e ademais ía en consonancia coas normativas aprobadas en concellos gobernados polo PP, como O Pino, Frades ou Tordoia; sen embargo o goberno dubrés, composto polo PP, Terra Galega e un concelleiro independente, decidiron rexeitar esta proposta”.

Os socialistas lembran que Val do Dubra ten nos últimos anos unha tendencia clara de perda de poboación. O envellecemento e o desprazamento a núcleos máis urbanos son algunhas das causas de esta disminución da veciñanza.

Diego Díaz destaca que “O número de habitantes no ano 1996 superaba os 5.000 habitantes, descendendo neste último ano 2021 ata os 3.800 aproximadamente”.

Post navigation

Previous: Sergude retoma o seu Entroido, cos tradicionais atranques dos xenerais
Next: Demandan investimentos no rural da Estrada

Máis novas

Presentación da Festa do Emigrante diante da casa do concello de Val do Dubra
2 minutes read
  • Xeral

Val do Dubra presenta a 42ª Festa do Emigrante

Imaxe dun dos tramos que arranxará a Deputación
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación destina 1 millón de euros a mellorar a estrada Santiago Val do Dubra

Concello de Val do Dubra_DSC9931 normal_r
3 minutes read
  • Xeral

A banca segue abandonado o rural

Vista aérea dos traballos no Castelo de Portomeiro. Foto: Víctor Vicente (Veterum Arq.)
2 minutes read
  • Xeral

Nova excavación no Castelo de Portomeiro en Val do Dubra

Val do dubra preparase para as feiras do abril
3 minutes read
  • Axenda

Val do Dubra prepárase para as feiras do Abril

DEPUTACION VAL DO DUBRA 4 FEBREIRO 2026 (1)
5 minutes read
  • Val do Dubra

Deputación e Concello de Val do Dubra traballan na travesía de Bembibre

DEPUTACION INVESTIMENTO EN SANTIAGO 3 FEBREIRO 2026
2 minutes read
  • Compostela

A Deputación investirá en Compostela máis de 1,15 millóns de euros

val do dubra programa parroquias en movemento 5 decembro 2025 (2)
2 minutes read
  • Val do Dubra

A Deputación colabora coas “Parroquias en Movemento” de Val do Dubra

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.