Teo, 8 de outubro do 2021 – O partido socialista de Teo comezou sin dilación a exercer de oposición, tras a ruptura do grupo de goberno, e pide unha comisión Informativa especial sobre a canteira da Casalonga.
O psoe presenta a petición en forma de moción de cara ao vindeiro pleno municipal. Explican que os obxectivos son buscar a unidade política solicitade pola Plataforma Casalonga limpa de Residuos, no último Pleno ordinario.
Ps socialistas falan tamén da necesidade dunha maior coordinación e información entre os Grupos Municipais, formulada no mesmo Pleno pola súa portavoz Uxía Lemus.
A Comisión sobre a canteira da Casalonga non só estaría integrada polos Portavoces dos diferentes grupos Municipais, senón que na mesma se integraría un membro da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos, dada a súa condición de representante dos intereses veciñais no tema.
Uxía Lemus, portavoz socialista, indicou que “con esta moción mantemos o noso compromiso férreo e inalterable coa defensa medioambiental da Casalonga, fronte aos ataques de Toysal, en connivencia coa Xunta do Partido Popular”.
