Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • A Estrada

Demandan investimentos no rural da Estrada

O BNG da Estrada demanda do goberno municipal máis investimentos nas parroquias do rural e a posta de valor nos espazos de uso.
bng-a-estrada-centralidade-parroquias-slide-22-febreiro-2022_r

Table of Contents

Toggle
  • A Estrada, 22 de febreiro do 2022 – O BNG da Estrada demanda do goberno municipal máis investimentos nas parroquias do rural.
    • Actuacións tamén no rural
    • Núcleos de Centralidade

A Estrada, 22 de febreiro do 2022 – O BNG da Estrada demanda do goberno municipal máis investimentos nas parroquias do rural.

Os nacionalistas lanzan a campaña “Núcleos de Centralidade Parroquial”. O obxectivo é poñer en valor espazos do rural que xa son usados polos veciños pero precisan investimentos.

Actuacións tamén no rural

A voceira do BNG no concello, Susana Camba, critica o reparto das axudas que chegan “Non pode ser que o alcalde concentre todas as actuacións na vila, deixando o resto do noso concello, á marxe dos investimentos, veñan estes da Xunta, da Deputación ou dos fondos europeos como a EDUSI”.

Camba engade que “O rural é algo máis que asfaltados. No rural estradense hai puntos onde se concentra a actividade social das parroquias e a nosa proposta é que o goberno municipal os poña en valor, rehabilitándoos e dotándoos de servizos para uso e desfrute de veciños, veciñas e asociacións que traballan nas parroquias”.

Núcleos de Centralidade

Os nacionalistas denominan a estes espazos “Núcleos de Centralidade Parroquial”. Susana Camba explica que se trata de “espazos que xa existen, sobre os que traballa diario a veciñanza, pero que necesitan ao noso entender unha mellora e un coidado por parte do goberno municipal”.

“A carballeira da Sagrada na parroquia de Codeseda é un deses puntos”, indica a concelleira nacionalista, “seguramente o máis singular, xa que no seu día acolleu unha importante feira e hoxe como entón é o núcleo sobre o que pivota toda a actividade social de Codeseda e de todas as parroquias do arredor”.

 “Por outra parte”, engade a concelleira, “a carballeira da Sagrada é un espazo singular polo valor patrimonial (o cruceiro e a igrexa) e natural (a carballeira centenaria) que encerra, que temos que protexer e coidar, pero sen descoidar os servizos que necesitan os veciños e veciñas”.

“Neste caso en concreto da Sagrada”, engade a concelleira nacionalista, “é urxente a rehabilitación e limpeza do cruceiro, a poda das árbores centenarias, arranxo do palco, a posibilidade de reutilización dalgunha das casas da contorna como espazo social, limpeza da carballeira e outras melloras”. 

“Son actuacións que non necesitan un gran investimento, mais a mellora e o cambio serían notorios; pero claro, hai que ter vontade política”, explica Susana Camba.

Post navigation

Previous: Demandas axudas á natalidade en Val do Dubra
Next: Melloras na Casa Común de Oza, en Teo

Máis novas

XIII Noite Folk en San Xurxo De Bea na Estrada
3 minutes read
  • A Estrada

Noite Folk de San Xurxo de Vea

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Caratula do libro Andrómedas e Credos
2 minutes read
  • A Estrada

Presentación de “Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes”

Cartel de presentación do libro na Asociación Vagalumes
2 minutes read
  • Xeral

A Asociación Vagalume presenta “Volveredes brindar por min. unha biografía de Begoña Caamaño”

Cartel concentración contra a pesca do salmón
5 minutes read
  • A Estrada

Piden a suspensión da pesca do salmón no Ulla

a estraa bng sinalizar fochancas 19 xaneiro 2026 (1)
2 minutes read
  • A Estrada

Iluminando as fochancas

negreira reunion SLIDE
1 minute read
  • A Estrada

Tres Negreira

compopstela fondos feder 4 outubro 2025
3 minutes read
  • A Estrada

Compostela, Ames, A Estrada e Ribeira  reciben máis de 22 millóns de fondos Feder

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.