A Estrada, 25 de abril do 2022 – O BNG da Estrada demanda arranxos urxentes no vial de Souto de Vea que segue empeorando día a día.
Os nacionalistas demandaban do alcalde estas reparacións a través da súa portavoz, Susana Camba. A dia de hoxe, explica a concelleira, o vial de Souto de Vea está nunha situación “a aínda peor, con fochancas cada vez máis grandes que requiren con urxencia un parcheado”.
O BNG lembra que se trata dunha estrada pola que pasan cada día centos de vehículos.- “Por outra parte”, indica a concelleira, “seguimos insistindo que este vial necesita con urxencia un pintado das liñas que delimite os carrís e as zonas de aparcadoiro, esta estrada utilízana a diario centos de condutores e condutoras, de vehículos pequenos e camións, non pode estar nesas condicións un vial con ese volume de tráfico, é unha cuestión de seguranza vial”.