Padrón, 4 de novembro do 2021 – O BNG de Padrón vend e presentar un escrito no concello pedindo a reparación dis aparellos de ximnasia instalados na canle de derivación do Sar.
A voceira nacionalista, Beatriz Rei, explica que “Son oito aparellos, e ningún deles está en bo estado de uso. Presentan ferruxe, buratos e funcional mal”. Para Rei o mal estado dos aparellos de ximnaxia é debido a falta de mantemento dos mesmos.
Rei engade que se trata de aparellos “moi usados e apreciados polos veciños, sobre todo polos maiores que aproveitan o paseo para facer ximnasia de mantemento que lle recomendan os médicos.”
O BNG de Padrón pediu anteriormente ao goberno municipal que se realizara unha avaliación das instalacións municipais e que se elaborara un programa de mantemento das mesmas.

