A Estrada, 16 de xullo do 2021 – O BNG da Estrada ven de denunciar o o estado de abandono no que se atopa o antigo Museo do Pobo do concello.
Trátase do Museo Reimóndez Portela para o que, según os nacionalistas, se buscaban solucións hai tres anos. A voceira do Bloque, Susana Camba, cualifica de “desastre” a situación na que se atopa o edificio e todo o que contén.
Camba di que o Museo “continuará pechado e rodeado dunha frondosa selva de todo tipo de flora que a día de hoxe rodea o museo. A este paso, un museo etnográfico como este poderá converterse nun parque temático da flora e fauna local; en resumo: un desastre que demostra o nulo interese do PP pola historia e tradicións do noso concello e polo inxente traballo de persoas, como Reimóndez Portela, que recolleron todo o material que alí hai”
Susana Camba engade que “en reiteradas ocasións pedimos que se abra ao público o museo, mesmo presentamos unha moción., mais a día de hoxe o Museo é un edificio abandonado, por dentro e por fóra”.
Os nacionalistas aseguran que “o PP estradense é un xenocida cultural e patrimonial, que só ten ollos para o cemento, unha actitude, que contrasta con outros gobernos municipais do PP, nos que teñen algo máis de reparo co noso patrimonio”.
“En todo caso”, afirma a concelleira, “desde o BNG instamos ao goberno municipal a coidar o noso patrimonio e a abrir o Museo do Pobo Estradense”.