займ срочно

O delegado do Goberno vista Ponte Maceira

0

Bisbarra, 28 de setembro do 2023 – O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou a Ponte Maceira e puxo en valor o programa 2% cultural que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A Ponte Maceira está situada entre os concellos de Ames e Negreira e foi un dos últimos monumentos declarados Ben de Interese Cultural en Galicia. Blanco animou aos concellos galegos para aproveitar os 80 millóns de euros destinados a estas axudas, cuxo prazo de solicitudes remata o 15 de outubro. “É unha oportunidade extraordinaria para que os concellos poidan acometer este tipo de obras de restauración que, doutro xeito, entendemos que serían moi difíciles de levar a cabo”, sinalou.

O delegado estivo acompañado na visita pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e dos alcaldes de Ames, Blas García, e Negreira, Ángel Leis. Pedro Blanco salientou o incremento que experimentou a porcentaxe de financiamento deste programa que pasou do 1,5% ao 2%. Esta decisión tradúcese en 20 millóns de euros máis, ata un total de 80 millóns de euros dispoñibles na convocatoria deste ano.

Nos últimos anos, este mesmo programa mobilizou preto de 8 millóns de euros en Galicia, dos que 5,2 millóns foron aportados polo Goberno. Estas axudas destináronse a 11 actuacións que tiveron un forte impacto nas catro provincias. As máis destacadas corresponden á restauración da Casa da Veeduría na Coruña, para a que o Goberno achegou 1.287.257 euros; a restauración do pavillón historicista e o muro perimetral de San Martín Pinario en Santiago, que contou cunha axuda de 861.004 euros, e a rehabilitación do pazo de Quintáns en Sanxenxo, que o Goberno financiou con 1.380.736 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies