Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Brión
  • Compostela
  • Negreira
  • Xeral

Comeza unha nova edición do Delas Fest que se expandirá ata setembro

delas fest 8 xullo SLIDE 2025

Trátase da sétima edición do Delas Fest e traballará nas rúas de concellos como Brión, Negreira e Compostela onde se instalarán dous murais máis.

Na presentación da sétima edición do Delas Fest participaron a concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao, acompañada polo deputado de Contratación e Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé L. Penas; polo alcalde de Negreira, M. Ángel Leis, e pola concelleira de Cultura de Brión, Sandy Cebral, representantes dos outros dous concellos que participan no festival; e por Clara R. Cordeiro en representación de 7H Cooperativa Cultural.

As artistas urbanas María Peña-Mapecoo, Hanna Lucatelli, Galleta María e Tamara Baz serán as encargadas de realizar os catro novos murais do festival feminista de arte urbana contextual, dous dos cales se localizarán en Santiago: en Santa Isabel e en Vista Alegre.

A concelleira de Capital Cultural destacou que “para o Concello participar desta proposta é un luxo pois reúne varias das cuestións que consideramos prioritarias: a posta en valor da arte, en concreto da arte urbana, a que podemos atopar no noso día a día, que deixa pegada no territorio, que embelece as nosas cidades e vilas e, sobre todo, que o fai poñendo en valor o social, reivindicando, interactuando coa comunidade. O Delas Fest implica á veciñanza e, por tanto é un elemento clave para a democratización da arte, o seu achegamento a todos os públicos e a insistencia en que a cultura é un dereito para todas as persoas. Pero ademais, arte feita por mulleres”.

Programa da VII Edición

Neste 2025 realizaranse catro intervencións murais, a cargo dos pinceis e sprais de María Peña-Mapecoo (Oviedo, 1989), artista multidisciplinar e muralista, que pintará en Santa Isabel, Santiago; Hanna Lucatelli, (Sao Paulo, 1990), deseñadora de moda, artista plástica ilustradora e muralista, que realizará a súa intervención entre os barrios de Vite-Vista Alegre, Compostela; Galleta María (Valencia, 1991) ilustradora e muralista que traballará en Negreira na Avenida de As Brañas; e Tamara Baz (A Guarda, 1985), deseñadora gráfica, ilustradora e muralista, que plasmará a súa obra xunto a EEI de Sabaxáns, Brión.

As intervencións murais terán lugar entre o 10 e o 16 de xullo en Compostela e entre o 17 e 24 en Negreira e Brión. Un ano máis, este traballo é posible grazas á confianza da veciñanza que, a través da convocatoria Muros en Man Común, aberta durante todo o ano, achegan a súa fachada a este repositorio.

Precisamente, a comunidade, como axente activo do Delas Fest, terá un papel aínda máis protagonista na presente edición. Entre os días 7 e 9 de xullo, terán lugar distintas actividades nas que María Peña e Hanna Lucatelli se mergullarán na idiosincrasia dos barrios de Vite, Vista Alegre e Santa Isabel.

O martes 8, xunto a Encarna Otero, realizarase un roteiro ao redor dos oficios femininos vinculados á auga; pola tarde celebrarase o encontro de anfitrioas no CSC Antón Fraguas coa veciñanza dos barrios antes citados. O mércores 9, coñecerán o barrio de Vite a través dun paseo, en colaboración con Vite Arquiva. Rematarase coa visita ao CSC José Saramago onde se conserva o arquivo veciñal. Antes de comezar coas intervencións, as catro artistas terán cadansúa segunda xuntanza para amosar o bosquexo.

O VII Delas Fest continuará en setembro coa súa programación Expandida, a través da III edición do Familia Delas Fest e distintos encontros nos centros de secundaria dos concellos implicados. Todo isto permitirá introducir a públicos de todas as idades na arte urbana contextual e feminista.

Na presente edición cobran forza as xuntanzas de anfitrioas, amosando un ano máis o interese de 7H Cooperativa Cultural, entidade organizadora do evento, en pór en valor o territorio onde se executarán as intervencións murais a través dos saberes e historias de vida das mulleres vinculadas a el.

É nesta busca por implicar á comunidade que estas xuntanzas adquiren un peso maior, sendo todas de carácter presencial. Ás realizadas no mes de xuño en Negreira e Brión, onde a veciñanza puido coñecer en primicia ás artistas, súmanse as que se desenvolverán en Santiago ao longo desta semana.

A través destes encontros, as artistas recompilarán a información precisa para crear os bosquexos que se tornarán nos murais. Estes conxugarán a identidade e intereses das artistas, xunto cos da comunidade que acolle o seu traballo. Deste xeito, un ano máis mantéñense firmes os fíos que sosteñen o Delas Fest: o respecto á liberdade creativa, o coidado de toda a equipa implicada no programa e do territorio, a reivindicación da igualdade de xénero e a visibilización das mulleres artistas.

O Delas Fest aposta por tecer unha rede feminista de traballo, visibilización e reivindicación, como demostra a xenealoxía que se está a artellar ao seu redor. No cartaz desta edición, a artista urbana, Lupita Hard (Caracas/Vigo, 1993), homenaxea a artista e graffiteira Lady Pink.

Sitúaa nun taller que representa o “cuarto propio” onde as artistas non só crean e desenvolven os traballos das diferentes disciplinas artísticas nas que se moven, senón tamén os bosquexos das pezas que logo levarán á rúa. Súmase así a Abi Castillo, María Montes e Maru Astray como creadoras da imaxe do festival. O deseño da imaxe gráfica vén da man de Julia Yánez, que toma o relevo de Paula Cantero.

Ademais, será a propia Yánez (Cambados, 1994) quen se encargue de realizar o material audiovisual que amosará tanto o traballo mural como os encontros de anfitrioas que o preceden. Segue así os pasos de Illa Bufarda (2024), Cru Producións (2023) e Adriana Páramo (2022).

Cita de referencia de arte urbana no circuíto estatal, o programa é posible grazas aos concellos de Santiago, Brión e Negreira, que se incorpora na edición presente, á liña de subvencións da Deputación da Coruña e ao patrocinio de Montana Colors, Ibersa-El Mundo del Pintor, Alro Maquinaria e Gadis, así como á colaboración de Cafés Candelas e Daveiga-Galletas Mariñeiras.

Post navigation

Previous: Quando a terra foge, de Frederico Lobo, gañ o premio Cosmos de Circuíto
Next: Boqueixón prepara unha nova Casa do Maior

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.