Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Brión
  • Compostela
  • Negreira
  • Xeral

Delas Fest 2026

A VIII edición do Delas Fest desenvolvese durante o mes de xullo en Negreira, Brión e Compostela

Cartel da edición 2026 do Delas Fest

Lindeiros, 07/07/2026 – Roteiros, charlas, xuntanzas, muralismo… o Delas Fest chega un ano más á bisbarra coa garantía de ser o único festival de Europa de este tipo con perspectiva de xénero.

O Delas Fest é unha rede feminista de traballo na que se visibiliza e reivindica  a labor das artistas, en todas as súas facetas. O evento pon en valor os saberes das mulleres que conforman as fontes documentais destas e sen as que o Delas Fest non tería sentido. Esta edición segue traballando para crear toda unha xenealoxía e empraza á xente a unirse a través do programa “ti tamén podes formar parte!”. Unha participación que se concreta en encontros de anfitrioas e distintas actividades que se desenvolven a medida que o programa avaza.

As intervencións murais deste 2026 no Delas Fest están ao cargo dos pinceis e sprais das artistas mexicanas Janín Nuz (San Luis Potosí, 1990), ilustradora e artista urbana, que levará a súa arte á rúa Cruz da Nogueira nº10; Yuda (Jalisco, 1998), muralista e artista en gran formato, que desenvolverá o seu traballo na rúa Suarribas nº61; as dúas intervencións en Compostela.

A outra parte do Delas Fest levará á galega Nana (Santiago de Compostela, 1983), artista urbana, ilustradora e educadora artística, pintará na Piscina Municipal de Brión (Be One, Lugar de Pedrouzos, s/n); e a Isa Bermúdez (Hadamar, Alemaña, 2001) que compaxina a práctica e docencia artística, e executará a súa obra no espazo que acolle a Unidade de Atención Temperá de Negreira (Rúa Rosalía de Castro, 1).

De esquerda a dereita: Clara Rodriguez de 7H Cooperativa; Xesús Penas, Deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña; Miriam Louzao, primeira tenenta de alcaldesa de Compostela; Sandy Cebral, concelliera de cultura de Brión e Marcos Pérez, técnico de cultura e deportes de Negreira.

As intervencións murais terán lugar entre o 13 e 19 de xullo en Compostela, entre o 17 e o 23 de xullo en Brión e entre o 27 de xullo e 2 de agosto en Negreira. Chegar aos muros é posible grazas á convocatoria de Muros en Man Común, aberta todo o ano para que a veciñanza destes concellos poidan candidatar as súas fachadas a este repositorio.

O cartaz da presente edición é obra da artista Pía Piadosa (Lugo, 1991), que creou unha medusa da pintura para protagonizalo. Para a tipografía, feita a man, inspirouse na artista urbana Margaret Kilgallen, finada en 2001.

Este programa é posible grazas á liña de subvencións da Deputación da Coruña, aos Concellos de Santiago, Brión e Negreira, e ao patrocinio de Montana Colors, Ibersa-El Mundo del Pintor, Alro Maquinaria e Gadis, así como á colaboración de Cafés Candelas e Daveiga-Galletas Mariñeiras.

Post navigation

Previous: Compostela Convive lévanos pola gastronomía de Malí, Marrocos e Palestina
Next: A Baña destina máis de 600.000 € a melloras de estradas

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.