Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Teo
  • Xeral

Segue o debate sobre a planta de reciclaxe de residuos de obra en Teo

O goberno municipal convocou un pleno municipal no que tamén puideron falar os veciños

Casa consistorial de Teo

Teo, 11/04/2026 – Teo enrédase unha vez máis nunha polémica sobre a instalación dunha planta de reciclaxe de residuos. En este caso residuos inertes de obra, nunha empresa que xa se dedica a temas similares e, ao parecer, con todo ao seu favor.

As últimas novas confrontan as declaracións da Conselleira de medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, coa Plataforma Veciñal. Vázquez lembrou que toda instalación de este tipo require dunha declaración de impacto ambiental pero tamén que “ao igual que se xeran residuos, teñen que existir sitios onde reciclalos”.

A Conselleira tamén dixo ante os medios de comunicación que “o que non pode ser é que se cre unha Plataforma cada vez que se quere instalar algo”. A Plataforma pola súa banda insiste no prexuízo para as vivendas polo po en suspensión e o paso de transportes pesados.

As respostas nun pleno

A empresa leva máis de trinta anos, no mesmo sitio, dedicándose a obras privadas e obra civil. A actividade de reciclaxe de residuos de obra, a que agora quere facer, forma en certo modo parte do que fai e, en certo modo, xa o ten feito.

A petición de permisos para que esa actividade de reciclaxe estivera regulada motivou a mobilización veciñal. O pleno extraordinario convocado o pasado mércores foi, polo momento, o último capitulo de esta historia e a posibilidade de atopar respostas claras.

Posicións ao respecto da planta

Os representantes veciñais que falaron antes do pleno destacan os riscos da actividade na proximidade das casas. Po no ambiente, que pode conter partículas de, por exemplo, amianto; ruído ou transito de vehículos pesados por estradas non preparadas foron algúns dos argumentos alí esgrimidos.

Despois chegou a queda dos políticos que camiñaron na ambigüidade xa que apoiaban aos veciños pero eran conscientes que o proxecto polo momento segue os pasos precisos. 

Proxecto común de Teo centrouse en que o pleno tiña que terse celebrado antes “e explicar o que ía suceder”. O BNG asegurou que o goberno municipal “non protexeu á veciñanza ao non emitir o informe reclamado pola Xunta” e puxo o acento na debilidade das estradas e o custo que suporá o seu arranxo ademais da inseguridade viaria que producirá.

O Psoe aludiu ás distintas posturas do equipo de goberno segundo estivera na oposición ou gobernando. Pedíronlle ao executivo que fixera o que pedían no caso da canteira da Casalonga “un informe de incompatibilidade”.

Postura do goberno

A alcaldesa, Lucía Calvo do PP, foi contestando aos voceiros dos grupos e explicou a postura do equipo de goberno e o feito ata o momento. Calvo dixo que falara co propietario da empresa e ofreceralle mudarse ao futuro polígono industrial pero despois de máis de trinta anos nunha ubicación nin quere nin ten a necesidade de mudarse.

A debilidade das estradas polas que pasará o transporte e se aguantarán o tránsito “é algo que deben dicir os técnicos” continuou a alcaldesa.

Sobre o informe solicitado pola Xunta de Galicia a normativa indica que no caso de que o informe non sexa remitido o expediente será arquivado. Lucía Calvo indicou que dos últimos dez informes de este tipo solicitados pola Xunta a distintos concellos “sete non foron entregados e os outros tres foron favorables”. Ante a posibilidade de ter que emitir un informe favorable ou a posibilidade de que se arquivara o expediente optaron por esta última opción. De todos xeitos quedou claro que a empresa pode reclamar que o informe se emita e terá que ser favorable xa que cumpre coa norma.

O responsable de urbanismo

Tamén interveu o responsable de urbanismo que confirmou todo o dito pola alcaldesa e avanzou un pouco máis na situación legal da petición. O técnico dixo que o que se solicitou desde a Xunta foi un “informe de viabilidade urbanística e coa lei na man só o podemos facer favorable. Non hai deixación de funcións. Isto é así porque se trata dun so rústico”.

A lei o que indica é que o tratamento de residuos de este tipo en so rústico pode darse sempre que “non impliquen a urbanización ou transformación urbanística dos terreos polos que discorre”. O realizado ata o momento. Dentro dos terreos da empresa, non supón unha transformación ou urbanización do lugar.

O resumo sería que emitir un informe desfavorable sería cometer unha ilegalidade. Sobre a posibilidade de que as estradas non estean preparadas hai unha variable coa que ninguén contaba. Si o peso máximo para este tipo de vías é de 3500 quilos nin o camión do lixo podería pasar o que supón un problema que todo o mundo no pleno decidiu obviar.

Un pleno que podedes ver completo en Youtube e que deixa todo en empate. Vivir no rural ten vantaxes pero tamén pode ter inconvenientes como este. Teremos que esperar para saber que sucede.

Post navigation

Previous: Antifémina Colita, unha exposición imprescindible no Auditorio de Galicia
Next: Valle-Inclán volve ao Casino

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.