Bisbarra, 14 de abril do 2021 – O Partido Socialista leva ao Parlamento o impacto ambiental do Parque eólico de Troitomil, que afectará aos concellos de A Baña e Negreira, polas súa proximidade as vivendas.
O voceiro de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, presentou unha pregunta no Pleno do Parlamento na que comezou explicando a posible vulneración de lei no fraccionamento dos proxectos e o impacto ambiental que suporá o parque de Troitomil
Na resposta o Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde López, acusaba ao socialista de confundir aprobación con tramitación e lembraba que a Xunta anulou algún dos muiños pola proximidade ás vivendas ao tempo que aseguraba que, en eses catro casos, o proxecto xa fora reformado
O socialista Martín seco mostrou na réplica máis dúbidas sobre o xeito de tramitar estes proxecto e pediu que o goberno galego tramitara unha nova lei que se adapte ao contexto actual. Seco lembrou que as distancias coas vivendas esixidas en outras comunidades son o dobre que en Galicia
O Conselleiro, Francisco Conde, non contestou a estas diferencias nas distancias coas vivendas e centrouse nas dúbidas sobre o fraccionamento dun parque en varios. Conde López considera que se están tomando todas as medidas para evitar que esto suceda
O responsable socialista censurou tamén na súa intervención a falla de diálogo con respecto ao parque de Troitomil. Martín Seco lembroulle ao Conselleiro que “non accedeu aínda ás peticións de reunión que solicitou o alcalde da Baña, no mes de decembro de 2020”.