займ срочно

De Tapas por Galicia elixe hoxe a mellor petisco de Galicia

0

Compostela, 15 de marzo do 2022 – O Hotel Monumento San Francisco acolle a gala de Tapas por Galicia na que compiten os gañadores dos concursos das sete cidades galegas.

O evento, con formato de show cooking, está organizado por Turismo de Galicia. Jorge Gago de A Maceta será o representante de Compostela en De Tapas por Galicia.

Promover a gastronomía de pequeno formato

O concurso De Tapas por Galicia busca promover a creatividade gastronómica, especialmente a presentada en pequeno formato, como xeito de atraer turismo urbano.

A final do certame De Tapas por Galicia reunirá aos gañadores dos concursos de tapas das sete maiores cidades, que competirán por dous premios, un deles outorgado por un xurado de profesionais da gastronomía e a restauración e outro concedido por unha selección do público.

A competición

Jorge Gago competirá polo Premio Mellor Cociñeiro cun prato titulado Cheesecake actualizada, gañador do Concurso Santiago(é)Tapas. A de Gago é a única receita doce que se saboreará na gala. A Cheesecake actualizada é unha torta de queixo renovada que se realiza a partir dunha base de puré de framboesa e cereixa endurecido con pectina, sobre o que se deposita, nun molde, a crema da torta de queixo do Cebreiro con pemento, nata e azucre. Unha vez conxelada esta preparación, cóbrese con chocolate rosa e remátase con xel de framboesa e pétalos.

Jorge Gago

No evento, Jorge Gago competirá con Daniel Bastos, do restaurante El Italiano Feo (Vigo); Gabi Conde‐Corbal, de Portovello (Ourense); José Luis Pardo Baamonde de El Boni (Lugo); Pablo Fuentes, de La Bodega de Estrella (Ferrol); Rubén González, de El Cafetín de la Alameda (Pontevedra); e Álvaro Victoriano, de Intenso Cocina Peculiar (A Coruña).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies