Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Axenda
  • Santa Comba

De sol a sol en Santa Comba

Santa Comba presenta “De sol a sol”, unha ampla programación cultural, deportiva e de lecer para os meses de verán

Santa Comba presenta a programación de Sol a Sol

Santa Comba, 02/06/2026 – O Concello de Santa Comba presenta a programación “De sol a sol”, unha completa oferta de actividades culturais, deportivas, educativas e de lecer que se desenvolverá entre os meses de xuño e setembro.

O obxectivo é dinamizar a vida social do municipio e ofrecer alternativas de ocio para toda a veciñanza durante a época estival. A iniciativa inclúe máis dunha vintena de propostas pensadas para públicos de todas as idades, combinando espectáculos, cine ao aire libre, deporte, formación, actividades familiares, campamentos e iniciativas de promoción da cultura e da literatura.

A programación de Santa Comba comeza xa nos primeiros días deste mes de xuño coas actividades de Aprende a través do surfing, desenvolvidas no CEIP Pepe de Xan Baña e na praia de Razo. Durante este mes celebraranse tamén citas destacadas como o espectáculo musical e audiovisual Zahira, o sábado día 6; a V Foliada do Agro da Ponte (sábado 13); o festival de fin de curso das ensinanzas musicais municipais (venres 19); a final da Copa da Costa feminina (domingo 7) ou o encontro entre os veteranos do Xallas-Costa da Morte e as Lendas do Real Madrid, que incluirá unha homenaxe a Doro (sábado 27).

O mes de xullo combinará deporte e lecer familiar con propostas como o ciclo Cine baixo as estrelas, que o venres 3 proxectará Buffalo kids na praza da Casa da Cultura; a velada de boxeo (sábado 4); os torneos de fútbol 7 de Castriz (4 e 5) e Santa Sabiña (11 e 12); o III Torneo de Tenis de Mesa (xoves 23); a festa con inchables na piscina municipal (xoves 30) e o programa Explora Santa Comba, destinado á mocidade, que se desenvolverá na segunda quincena do mes.

Un mes de agosto mirando ao ceo

En agosto, a programación continuará co Campamento Tecnolóxico, que se desenvolverá durante todo o mes, así como coa ruta de observación das perseidas e do esperado eclipse en San Bartolomeu. Ademais, haberá unha nova sesión de cine ao aire libre o sábado 21 coa proxección de Rondallas, o VI Torneo de Pádel (sábado 22) e o espectáculo familiar Onde viven os monstros, que servirá como clausura dos campamentos de verán o venres 28.

A programación pecharase en setembro cun marcado protagonismo da cultura e da creación literaria. Así, celebraranse as xornadas-taller para escritores impartidas por Lucía Aldao, o I Recital Poético e Micro Aberto (sábado 5), o Torneo de Tenis dos Milagros (domingo 13) e a gala de entrega de premios do I Certame Literario Reversos (sábado 26), unha das principais novidades desta edición.

“Esta programación busca converter o verán nun espazo de encontro, participación e convivencia, ofrecendo actividades gratuítas e accesibles que poñen en valor tanto o talento local como a colaboración co tecido asociativo, deportivo e cultural do municipio”, subliña Patricia Val, concelleira de Cultura de Santa Comba. Baixo o lema Santa Comba De sol a sol, “apostamos por un verán cheo de propostas para desfrutar en comunidade, reforzando a oferta cultural e de lecer durante os meses de maior actividade social”.

Post navigation

Previous: Ames aproba a continuidade do SIMU, servizo de autobús de interese municipal
Next: Andaina por parellas en Rois

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.