Artsmooth_13x18
Ames, 8 de novembro do 2018 – A compañía de danza contemporánea Entremáns chega a Ames este venres, 9 de novembro, co seu espectáculo Gaia.

A través da voz e a danza, entrelazadas coa pintura, a música e o audiovisual, Gaia tentará achegar aos espectadores a importancia da interacción entre as persoas e o medio ambiente. As entradas para o espectáculo xa están dispoñibles na Billeteira electrónica, cun prezo de 4 euros, con descontos do 50% para persoas maiores de 65 anos, menores de 12 e estudantes con carné.
“O noso fogar, a Terra, está cambiando rapidamente. Debemos encontrar unha forma de vida máis respectuosa para protexer o noso planeta e o medio ambiente” baixo este precepto a compañía de danza Entremáns presenta o seu espectáculo. O obxectivo de Entremáns non se limita a mostrar as características deste planeta, senón que o espectador entenda e reflexione sobre a importancia da relación que se establece entre as persoas e o medio ambiente, xa non só para o presente senón tamén para o futuro.

