Compostela, 5 de maio do 2022 – Dakidarría fan 18 anos e o están a celebrar coa xira do seu novo disco Colaxe, un concerto que chegará o vindeiro día sete á Sala Malatesta
Será un concerto moi especial xa que Dakidarría terán como convidados a Garcia MC & Maloa. A información das entradas está dispoñible en www.dakidarria.com
Nova formación en Dakidarría
Con ampliación da súa formación, a agrupación musical retoma a carretera neste 2022 para descargar a emoción, a enerxía e a adrenalina dos seus concertos en todos os lugares que sexa posible. Novas caras que darán máis fluidez e dinamismo a un show que, se antes era incendiario, agora pasa a ser explosivo. Un combo que pretende arrasar os palcos e que vai deixar pegada na escena musical galega.
Ximo Tomàs “Maki” – Batería; Antón “Torroncho” – Baixo; Gabri Reigosa – Guitarra e voz; Iñaki – Guitarra; Paula – Trombón; Juaki – Trompeta; Anxo – Saxo e voz; Pol – Voz e programacións e Ruan – Teclados.
Dakidarría
Logo de 18 anos dende a su formación e unha bagaxe máis que interesante de discos e concertos, podemos etiquetar a Dakidarría como unha banda histórica no panorama galego e estatal. Acadan a maioría de idade mentres ultiman o lanzamento do seu sexto disco de estudo “Colaxe” posicionándose como a banda de referencia no eido da música contestaria galega.
Dakidarría fusiona ska, reggae, punk-rock e ritmos urbanos cheos de enerxía a través da complicidade, forza e sinceridade das súas revolucionarias letras, nas que se chegan a incluir ata doce linguas diferentes. O seu prato forte son os directos, atrevéndose tanto con pequenas salas como con grandes festivais. Demostraron en cada xira que o seu é a festa encima e debaixo do escenario.
