Compostela, 14 de agosto do 2017 – En este luns entre festivos o feito a Man encárgase de que o día sexa tamén de festa con dous bos concertos a cargo de Os D’abaixo e Noe González & Grüvzilla.
O Feito a Man aproxímase ao ecuador do festival mentres espera polo primeiro dos concertos homenaxe de esta edición. Será o dedicado a Angus, membro de Shooglenifty, e terá lugar o próximo domingo coa presenza da banda xunto con tanxugueiras e a Banda das Crechas. As entradas xa están a venda en https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/praza-da-quintana/7658–noite-para-angus-tanxugueirasbanda-das-crechasshooglenifty.html e nos locais da zona vella.
Hoxe luns a cita comeza as oito da tarde na Praza dos Gatos con Os D’baixo
Os d’Abaixo presentan ‘Quixera ser dos paxaros’, o seu segundo disco, primeiro de estudio, composto por temas inéditos provintes dun gran traballo de investigación, ao que tamén se dedica a banda. Un disco máis intimista onde o compoñente estético ten moito peso, tanto na coidada selección de letras como no deseño gráfico e a fotografía.
Os d’Abaixo son: Gom Goás: guitarra acústica e voz; Quim Farinha: violino; Roberto Rama: gaita e saxo; Xosé Ramón Vázquez: acordeón; Richi Martín: percusión; e Xacobe Varela: gaita, bouzouki e voz.
As dez en San Paio de Antealtares tocalle o turno a Noe González & Grüvzilla.
Este proxecto ven sendo unha proposta de funk e soul con moita forza das mans de coñecidos e reputados artistas das escea galega coma Noe González (Cats and Monkeys), Grüvzilla e Adrián Solla. No repertorio , grandes nomes como Stevie Wonder, Aretha Franklyn, Sly and the Family Stone, Funkadelic, Incognito, Erikah Badu, Lyn Collins e Jose James dan a dirección dos ventos e promete facer bailar ao público de todas as idades e facer a festa transmitindo moitas sensacións e sentimentos. Con Noe González, Paulo Silva, Antón Torroncho, Luke Jennings e Adrián Solla.