Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Curtocircuíto acolle a mesa interxeracional e abre a sección Supernova

curtocircuito-slide-4-outubro-2018_r

Compostela, 4 de outubro do 2018 – Curtocircuíto inaugura hoxe xoves unha das novidades de esta edición, as Mesas Interxeracionais do Audiovisual Galego.

As Mesas Interxeracionais son un conxunto de relatorios e debates construtivos para destruír tópicos, mitos e prexuízos do sector. O festival buscará atopar puntos en común entre os diferentes profesionais, e os seus xeitos de traballar e de facer, nunha primeira sesión que terá lugar no CGAC ás 10.00h e na que intervirán profesionais como Brais Romero, Felipe Lage, Jorge Coira, Antón Reixa, Lucía C. Pan, Sonia Méndez, David Melero e Antonio Durán “Morris”.

Tamén no CGAC terá lugar a proxección de Supernova, sección que nace nesta 15ª edición do festival para salvar a brecha existente entre os centros de formación e os circuítos profesionais. Esta sesión será ás 19.00h e contará coa presenza de Lucía Estévez, Marta Valverde, Ariadna Corral, Alejandro Rodríguez, Daniel Arana, Sara Iglesias, Alicia Alonso, Artur M. Puga e Lara e Noa Castro.

Ás 18.30h no Teatro Principal proxectarase a terceira sesión da sección competitiva Radar na que contaremos coa presenza do cineasta Willy Hans (Das Satanische Dickicht – Drei). Por outra banda, ás 20.00h en Numax, dará comezo a sección Púlsar, na que se porá o foco sobre o traballo da cineasta Jessica Sarah Rinland. Seguindo cos focos e restrospectivas, ás 22.30h no Teatro Principal haberá unha proxección do traballo de Bertrand Mandico e Elina Löwensohn coa presenza de ambos.

Xa para rematar a xornada, ás 22.30h haberá un concerto na sala Capitol no que actuarán Nighcrawler, 16 Pineapples e Narcoleptica. O synthwave e o darksynth son as bases  fundamentais do universo sonoro de Nightcrawler, inspirado nos sons das bandas sonoras de terror dos anos 80 e as películas de ciencia ficción, combinando estes ingredientes con ritmos electrónicos e atmosferas escuras. No caso de 16pineapples o grupo redefine os conceptos e os límites da música en vivo incorporando tecnoloxías que fan interactivo e polo tanto reproducible calquera obxecto. Narcoleptica, en palabras da artista, é Beatriz Vaca facendo ruído. Experimentación + mezcla de orixes sonoras + live-looping nunha experiencia de estratificación sónica.

Hoxe xoves ademais terán continuidade as sesións adicadas aos máis pequenos e pequenas da casa: Teenage Riot e Criaturas e a segunda sesión do obradoiro de Arredor do son II: caligrafías sonoras impartido pola sonidista Amanda Villavieja.

Post navigation

Previous: Eleccións 2019: comezan a definirse as candidaturas da bisbarra
Next: Vedra acollerá a Selección Galega de Rugby Sub 18

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Baltar será unha das figuras protagonistas no Museo do Pobo en setembro
4 minutes read
  • Axenda

Programación de setembro no Museo do Pobo Galego

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.