Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Curtocircuito pon desde hoxe o foco en Yann Gonzalez

A filmografía de Yann Gonzalez, o traballo de Enar de Dios e o concerto de Verde Prato, protagonistas da xornada en Curtocircuíto
curtocircuito-mercores-slide-normal-6-outubro-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 6 de outubro do 2021 –  A filmografía de Yann Gonzalez, o traballo de Enar de Dios e o concerto de Verde Prato, protagonistas da xornada en Curtocircuíto
    • Concertos e A/V

Compostela, 6 de outubro do 2021 –  A filmografía de Yann Gonzalez, o traballo de Enar de Dios e o concerto de Verde Prato, protagonistas da xornada en Curtocircuíto

Hoxe dá comezo o primeiro pase do Foco dedicado á filmografía do cineasta Yann Gonzalez, que estará o sábado 9 na cidade. No pase de hoxe, que dará comezo ás 18:00 horas no Teatro Principal, proxectaranse dous dos dez traballos que seleccionou o festival: Les rencontres d’après minuit e Les astres noirs.

Por outra banda ás 20:15 horas tamén comeza a sección competitiva Penínsulas, que exhibirá os últimos traballos de cineastas como Gerard Ortín con Future Foods; Marina Lameiro e Maddi Barber con Paraíso; ou Irati Gorostidi con Unicornio. Durante o festival, proxectaranse un total de 14 títulos que poñen especial atención no cinema de autor máis persoal do panorama estatal a través de xéneros como o documental, a ficción ou outros próximos ao desktop-documentary.

Tamén terá lugar  hoxe a primeira proxección da sección Terra, que rinde homenaxe ao traballo da artista ourensana Enar de Dios, que estará presente e manterá un coloquio trala proxección. O seu traballo transita entre o ensaio, o traballo museístico e o expositivo e no primeiro pase, que terá lugar ás 19:34 horas en NUMAX exhibiranse os traballos Liquid Ground e The sea is History.

O festival contará tamén coa presenza dos cineastas franceses Caroline Poggi e Jonathan Vinel, que manterán un encontro co público tralo primeiro pase da sección Púlsar, que esta edición se centra no seu traballo como referentes dunha ola de cineastas que entenden o cinema como unha arma de expresión crúa e sinceira. Mañá proxectaranse seis dos seus traballos: Toys on Fire; Le malentendu; Notre amour est assez puissant; Notre héritage; Martin Pleure; e Chiens.

Curtocircuito organoza ademais outro coloquio, a cargo de David Domingo aka Stanley Sunday, quen se encontrará co público tras a proxección do seu traballo Stop, e Hier, de Wendelien van Oldenborgh.Os dous traballos forman parte da sección Playlist e proxectaranse ás 17:00 horas no Salón Teatro.

Concertos e A/V

O festival inclúe tamén outras linguaxes contemporáneas, ademais do cinematográfico. A programación interdisciplinar contará esta noite co concerto, ás 22:00 horas na Igrexa da Universidade, da proposta en euskera de Verde Prato e os galegos Crnds & Álvaro Chior A/V & Fransy González.

Ademais, continuan as proxeccións da Sección Oficial co terceiro pase de Explora ás 22:15 horas no Teatro Principal. A sección inclúe cinco títulos: Terra Australis Incognita, de Andrea Bordoli; Baki Tadu É, de Kate Saragaço-Gomes e Calum MacBeath Morgan; Corps Samples, de Astrid de la Chapelle; Pseudosphynx, de Ana Vaz; e Imperial Irrigation, de Lukas Marxt, quen participará no coloquio trala proxección.

A programación do día complétase coa segunda sesión dun obradoiro presencial sobre publiidade para proxectos realizados por xoves emerxentes, a cargo de Teresa Morales, e a actividade en liña Representacións da metamorfose ás 18.00, co coreógrafo e bailarín Antonio Ruz, a performer, bailarina e poeta Helena Salgueiro e a fotógrafa e a artista visual Virginia Rota.

Post navigation

Previous: A Deputación difunde a figura e legado de Carvalho Calero a pé de rúa
Next: Frades e Mesía compartirán un punto limpo móbil

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.