Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Nazarbazi de Maryam Tafakory gaña o premio á mellor película do XX Curtocircuíto

Curtocircuíto pechou a súa vixésima edición cunha gala no Teatro Principal na que entregou os galardóns do certame.
curtocircuito-ganhadores-slide-9-outubro-2023-(2)_r

Compostela, 9 de outubro do 2023 – Curtocircuíto pechou a súa vixésima edición cunha gala no Teatro Principal na que entregou os galardóns do certame.

As persoas galardoadas nesta edición, acompañadas das institucións que fixeron entrega dos seus premios. Foto: Cristina Padín

Na clausura participaron a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín; a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas; a concelleira de Capital Cultural, Miriam Louzao; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, e o director artístico de Curtocircuíto, Pela del Álamo.

Goretti Sanmarín aproveitou a entrega de premios para parabenizar a todas as propostas ganadoras e para transmitirlle a todo o equipo artístico e técnico do Festival o seu esforzo por “manter unha plataforma que leva reunindo en Compostela artistas e creadoras relevantes do mundo audiovisual contemporáneo durante dúas décadas, e sobre todo por facer desta 20ª edición unha cita única que quedará para o recordo”.

O director artístico de Curtocircuíto, pola súa banda, agradeceu a todas as persoas asistentes a súa implicación co festival, con especial mención ás e aos cineastas e artistas do audiovisual que participaron de xeito activo no programa deste vixésimo aniversario. “Curtocircuíto converteuse de novo nun espazo de encontro entre artistas e público, fomentando a interactividade e abrindo novas conversacións moi necesarias para o crecemento e evolución artística, así como para reconsiderar o modelo de festival e de cidade. Grazas por tanto”, sinalou.

Premiados

Neste mesmo acto, anunciouse o palmarés desta 20ª edición. As persoas integrantes dos distintos xurados oficiais de Curtocircuíto – Festival Internacional de Cinema decidiron outorgar os seguintes premios:

Premio Cosmos á mellor película: Nazarbazi de Maryam Tafakory

Mención Especial: March of time de Pedro Maia

Premio Cosmos á película máis innovadora: An Asian Ghost Story de Bo Wang

Mención Especial: Nearest Neighbor de Rebecca Baron, Douglas Goodwin

Premio Cosmos á mellor película española (patrocinado por RC Service): Mamántula de Ion de Sosa

Mención especial: La niña mártir de María Pérez Sanz

Premio Galiza: Non te vexo de Xacio Baño

Premio Supernova (patrocinado por Galicia Calidade): Noitevella 1999 de Uxia Gayoso

Mención especial: Elisa de Paula González García

Premio do Xurado Novo: An Asian Ghost Story de Bo Wang

Mención especial: Neighbour Abdi de Douwe Dijkstra

Premio CREA á mellor Dirección Galega: Non te vexo de Xacio Baño

Premio #OutraCompostela (patrocinado por Turismo de Galicia e Santiago de Compostela Film Commission): Doddies de Elena Vázquez, Irene Tobío e Beatriz Real

Premio do Público (patrocinado por GADIS): Aunque es de noche de Guillermo García López. Curtocircuíto – Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela está organizado polo Concello de Santiago de Compostela (Compostela Cultura) co apoio, entre outros, da Deputación da Coruña, AGADIC e o ICAA.

Post navigation

Previous: Levan ao Parlamento de Galicia o arranxo da cuberta do polideportivo de Dodro
Next: Boqueixón regulariza e amplía a Feira de Lestedo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.