Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Curtocircuíto abre as seccións Explora e Planeta GZ

CARTA_A_LENINGRADO_Brandan-Cervinho-slide_r

Carta a Leningrado de Brandan Cerviño

Compostela, 1 de outubro do 2018 – O Festival Internacional de Cine Curtociruíto comeza hoxe as seccións Explora e Planeta GZ despois de inaugurar o festival o pasado sábado.

Esta mañá Curtocircuito ten tamén a a primeira sesión do Seminario Arredor do Son: cara una práctica do deseño sonoro impartido por Charly Schmukler. Nel, Schmukler, un dos máis reputados sonidistas estatais, falará do deseño sonoro para cine e videoxogos tratando temas como a linguaxe e a produción audiovisual, o son inmersivo, ou as técnicas de produción de audio; todo desde as dez no auditorio Abanca. Tamén pola mañá comezarán as primeiras proxeccións das sección dedicadas os máis novos, Criaturas e Teenage Riot, que reunirán a máis de 250 rapaces e rapazas de entre 6 e 18 anos.

Un país extraño de Laura Pousada

A sección Explora, centrada na búsqueda de novas caligrafías fílmicas, inaugurarase cunha sesión ás 18h30 no Teatro Principal. Nesta primeira sesión contaremos coa presenza de Alberte Pagán, director do filme Uluru, que tamén participará na actividade Café con CREA: Filmade, filmade malditos! nun encontro aberto ao público no que estará acompañado pola Sandra Sánchez e no que se mostrarán os diferentes xeitos de abordar a creación e a súa posta en práctica dende dúas perspectivas diferentes.

Para rematar, ás 22h30, o Teatro Principal acollerá a primeira sesión da sección Planeta GZ, unha competición que aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao mesmo tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega. Nesta sesión estarán presentes Sandra Sánchez, Noela Gutiérrez Taboada e Brandán Cerviño que presentarán os seus traballos e terán un encontro co público ao rematar a proxección.

Carta a Leningrado de Brandan Cerviño

Post navigation

Previous: Primeira vitoria para o Santiago Futsal e empate para o Noia Portus Apostoli
Next: Pancartas contra a mina de Touro na praza de abastos de Compostela

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.