Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Cultura no Camiño chegará a 98 concellos con 371 actuacións

xunta cultura no caminho slide 20 abril 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 20 de abril do 2017 – A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Turismo de Galicia, co patrocinio de Gadis, levarán ata finais de setembro un total de 371 actuacións por 98 concellos de toda Galicia polos que pasan as diferentes rutas xacobeas.
    • Símbolo de identidade
    • Reforzar os Camiños
    • Artes escénicas, música e circo

Compostela, 20 de abril do 2017 – A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Turismo de Galicia, co patrocinio de Gadis, levarán ata finais de setembro un total de 371 actuacións por 98 concellos de toda Galicia polos que pasan as diferentes rutas xacobeas.

O explicou o conselleiro Román Rodríguez na presentación da quinta edición de Cultura no Camiño, nun acto no que tamén participou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e que contou coas actuacións en directo de Guadi Galego e de Pistacatro como mostra da diversidade artística do programa. Así mesmo, estiveron presentes a directora xeral do Patrimonio Cultural, María Carmen Martínez Insua; o director da Agadic, Jacobo Sutil; o xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela; e o director de comunicación de Gadisa, José Luis Fernández Astray.

O investimento de Cultura no Camiño ascende a 544.287,47 euros, que asumen a Xunta de Galicia, os concellos participantes e mais Gadis. Moitos dos alcaldes e responsables municipais destas localidades asistiron tamén á presentación realizada no compostelán Museo das Peregrinacións e de Santiago, símbolo e centro difusor do fenómeno xacobeo.  

O titular do departamento de Cultura da Xunta sinalou que se trata dunha iniciativa consolidada que nun lustro ten duplicado o número de concellos participantes, case cuadriplicado o número de funcións e triplicado o número de compañías participantes. Neste sentido, o conselleiro sinalou que un dos obxectivos deste programa é dinamizar o mercado de traballo dos profesionais da nosa cultura, dado que todas as compañías que se contratan son galegas. Este ano, de feito, xerarase emprego para case dous centos destas compañías.

Román Rodríguez quixo agradecer tamén aos concellos participantes o seu esforzo, xa que contribúen a costear parte do caché dos artistas; así como a Gadis o seu apoio por terceiro ano consecutivo a este programa. Asemade, explicou que a mellora da oferta cultural, dada a dispersión da poboación galega, pasa pola colaboración coas administracións locais cun fin común: descentralizar os circuítos de distribución e levar o teatro, a narración oral, a danza, a maxia, a música e o novo circo ás prazas e auditorios das vilas galegas.

Símbolo de identidade

Pola súa parte, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que o programa incrementará un ano máis a vertente cultural da experiencia única que supón facer o Camiño de Santiago. Neste senso, afirmou que realizar a Ruta Xacobea ten que ser unha oportunidade para coñecer a cultura, a paisaxe e as xentes que comparten a experiencia ou que habitan as vilas xacobeas.

“Grazas a esta iniciativa, engadimos un atractivo complementario á gastronomía, aos recursos patrimoniais culturais, naturais e paisaxísticos do Camiño de Santiago que suporá unha mostra da nosa vida cultural e unha acollida calorosa para amenizar as xornadas de peregrinación”, sinalou.

Así mesmo, destacou que o Camiño continúa a ser un fenómeno plenamente actual e un símbolo de identidade, un elemento desestacionalizador e captador de turismo internacional que posiciona a Galicia como marca e como destino diferencial. Neste senso, sinalou que tras o máximo histórico de peregrinos acadado o pasado ano, neste 207 estase a superar esta cifra ao recoller a súa Compostela xa máis de 23.000 peregrinos, máis dun 10% máis que no mesmo período do pasado ano.

Reforzar os Camiños

As funcións de Cultura no Camiño prolongaranse ata o 30 de setembro, coincidindo ademais co período de maior auxe das peregrinacións e contribuíndo a enriquecer o programa turístico dos concellos participantes. A este respecto, o conselleiro lembrou que a Xunta ten un firme compromiso cos Camiños de Santiago, polo que se está traballando para reforzar o atractivo de modo que cada unha das súas paradas sexa inesquecible para o visitante.

Artes escénicas, música e circo

Cultura no Camiño conta este ano con oito novas incorporacións respecto a 2016, concretamente os concellos de O Barco de Valdeorras, Pantón, Mondoñedo, Sarreaus, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, Tui e Meis. O programa vertebra un extenso circuíto de distribución de producións escénicas e musicais galegas, e resulta un exemplo de traballo colectivo e de colaboración institucional para ofrecer a mellor programación posible, involucrando a distintas administracións, pero tamén a creadores, compañías, xestores e programadores nun ciclo pensado, deseñado e realizado por e para o público. Treixadura. Guadi Galego, Uxía, Elefante Elegante, Cé Orquestra Pantasma, Caramuxo Teatro, Raquel Queizás, Rosa Cedrón, Pistacatro, A Tropa de Trapo, TrasPediante, Sarabela Teatro, Talía Teatro, o Mago Teto… son só algúns dos artistas que farán as delicias de grandes e pequenos nestes 98 concellos ao longo de toda a primavera e o verán.

Post navigation

Previous: Compostela adxudica o primeiro contrato de subministro eléctrico da súa historia co que aforrará máis de 600.000 euros
Next: O comportamento de menores nas redes sociais é distinto segundo o xénero

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.