Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Ames
  • Axenda
  • Xeral

A concellería de Cultura abre no Milladoiro unha nova aula de informática

A aula de informática do Milladoiro reabre as súas portas tras reformar e ampliar os equipos, os horarios e a proposta formativa.
ames-nova-aula-informatica-milladoiro-slide-28-abril-2022_r

Table of Contents

Toggle
  • Ames, 28 de abril do 2022 – A aula de informática do Milladoiro reabre as súas portas tras reformar e ampliar os equipos, os horarios e a proposta formativa.
    • Programación da AMTIC para maio e xuño
    • Inscricións nos obradoiros

Ames, 28 de abril do 2022 – A aula de informática do Milladoiro reabre as súas portas tras reformar e ampliar os equipos, os horarios e a proposta formativa.

A novo espazo será a partir de agora a Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, a AMTIC. A proposta formativa ten aberta xa as inscricións pata os meses de maio e xuño con sete actividades ofertadas. Estes cursos serán tanto en liña como de xeito presencial na mesma aula.

O novo horario de Aula Aberta da AMTIC, situada na Casa da Cultura do Milladoiro, é de luns a venres, de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Conta con doce equipos, un deles cun posto accesible e adaptado para persoas con mobilidade reducida. Ademais, está previsto incorporar un equipo máis, para aumentar o aforo ás trece persoas. O proxecto de renovación foi impulsado pola Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación.

Á presentación da Aula AMTIC asistiron este martes o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, a técnica responsable da aula, Almudena Caamaño, e José Negreira, en representación da empresa Os Ventos.

A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, destacou a importancia de achegar as novas tecnoloxías a toda a veciñanza, tanto a través de medios materiais como de formación. “En tempos de pandemia puidemos ver oportunidades, e esta foi unha delas, a aula AMTIC. Pretendemos crear un espazo público que conte coas ferramentas necesarias para facilitar o acceso libre e universal ás tecnoloxías da información e da comunicación. Dende 2003 contamos cunha aula de informática neste lugar, na cal se realizaron numerosas actividades de alfabetización dixital cunha gran acollida. Impartiremos formación básica e especializada, sumando este proxecto á Aula CeMIT de Bertamiráns. De forma simultánea poderemos gozar da mesma oferta de cursos dende os dous espazos”.

Programación da AMTIC para maio e xuño

A AMTIC do Milladoiro contará nos meses de maio e xuño con tres propostas en modalidade presencial e outras catro en liña, sumando un total de sete actividades para todos os públicos e con temáticas diversas.

A primeira proposta presencial dende a reapertura da aula terá lugar o vindeiro xoves 5 de maio, cunha conversa sobre ciberseguridade con Nacho Álvarez, con estudos en Investigación Privada e Crimonoloxía, e con experiencia na Secretaría do Estado de Seguridade ou en Telefónica. A charla desenvolverase de 18:00 a 19:00 horas, con entrada libre ata completar aforo.

As dúas actividades presenciais restantes consistirán en dous obradoiros de mecanografía para o público infantil e o adulto. Do 12 de maio ao 16 de xuño será a quenda das crianzas, que poderán participar nun curso que se desenvolverá os xoves, de 17:00 a 19:00 horas. Pola súa banda, o público adulto gozará desta proposta do 2 ao 30 de xuño, os xoves de 10:30 a 12:00 horas. Ambos talleres están limitados ás 12 prazas.

No que respecta ás propostas a distancia, a AMTIC ofrecerá dous obradoiros en cada mes, sempre con sesións a partir das 17:00 horas e dirixidos ao público adulto. En maio, do día 2 ao 4, será a quenda de aprender a realizar presentacións con LibreOffice Impress, con tres sesións o luns, o mércores e o venres, de 17:00 a 19:00 horas. Ademais, do 16 de maio ao 1 de xuño impartirase un obradoiro de Gimp, o software de edición de arquivos de imaxe, que se desenvolverá os luns e os mércores, tamén de 17:00 a 19:00 horas.

Xa en xuño, será primeiro a quenda dun taller de Inkscape, unha ferramenta de edición de gráficos vectoriais, que terá lugar do 6 ao 16 de xuño, os luns e os xoves de 17:00 a 18:00 horas. Para rematar a oferta de actividades, do 20 ao 30 de xuño explicarase como empregar diferentes recursos para realizar buscas avanzadas en Internet. O horario será o mesmo que o da outra proposta de xuño, os luns e os xoves de 17:00 a 18:00 horas.

Inscricións nos obradoiros

Para inscribirse nos obradoiros da aula cómpre enviar esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, ou ben asistir á Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación, situada na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta, de luns a venres, e de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para máis información, pódese chamar ao 981 535 940, ou escribir ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Post navigation

Previous: Un documental mostra a arquitectura da Praza de Abastos de Compostela
Next: Os concellos poderán destinar parte dos fondos da Deputación a compensar a suba da luz e dos carburantes

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.