Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Rois
  • Xeral

Cultura Dispersa en Rois

O Concello de Rois colabora coas festas parroquiais a través dunha programación cultural repartida ao longo do verán

Unha das actuacións do ano pasado en Rois

Unha das actuacións do ano pasado en Rois

Rois 6/05/2026 –  A actuación do dúo musical Eva e Camilo o sábado 16 de maio en Costa marcará o inicio da programación de Cultura Dispersa 2026, o programa co que o Concello de Rois apoia as festas das doce parroquias do municipio.

A programación continuará no mes de xuño, coincidindo coa celebración de San Xoán, cunha proposta musical en Buxán o mércores 24, a cargo de CDC DJ Truck.

Durante o mes de xullo desenvolveranse dúas novas citas. O sábado 4, Herbogo acollerá a actuación do Trío Rosel, mentres que o sábado 18 a Charanga Os Celtas participará nas celebracións de Ribasar.

O mes de agosto concentrará boa parte das actividades. O domingo 2, Os Jaitas Blue estarán en Augasantas e o venres 7 Os Retranqueiros de Ames actuarán en Rois. A programación continuará o martes 11 en Seira con Xoldra e o sábado 15 en Urdilde cunha actuación aínda por determinar. Dous días despois, o luns 17, Oín contará con inchables para a cativada. Xa a finais de mes, o domingo 30, Leroño recibirá de novo ao dúo Eva e Camilo.

En setembro celebraranse as últimas citas do programa. O domingo 6, OCT Chorima actuará en Ermedelo e repetirá o domingo 20 en Sorribas, pechando así a programación deste ano.

O Concello de Rois destaca a colaboración das comisións de festas e das asociacións veciñais na organización das actividades, que permiten achegar propostas culturais a todo o territorio municipal ao longo de varios meses. O programa conta tamén coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Post navigation

Previous: Ricardo García Mira distinguido coa cátedra honoraria “Ching-Ching Hung-Dao”
Next: Festas da Ascensión 2026

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.