Noia, 11 de maio do 2022 – O Departamento de Cultura do Concello de Noia comeza na fin de semana a programación do Día das Letras Galegas 2022.
Este sábado, ás 20:30, o teatro abre a programación das Letras Galegas en Noia coa compañía Elefante Elegante. No Coliseo Noela representará Dreaming Juliet, versión inspirada na obra de Romero e Xulieta. Obra incluída no programa Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.
Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta no caso de que non tivesen morto. Que lle acontecería ao seu profundo amor se acabasen formando familia e se tivesen que enfrontar á rutina de todos os días?
As entradas pódense adquirir en ataquilla.com ou no mesmo día da representación na taquilla do teatro de 19:30 a 20:15 h.
O día 15 de maio, domingo, ás 20:00 h concerto do dúo Taburete en acústico no Teatro Coliseo Noela.
Días das Letras Galegas
O día 17 de maio, Día das Letras Galegas (dedicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán), haberá, a partir das 12:00 h na Alameda, os seguintes actos:
Ás 12:00 h. Ofrenda floral ante os bustos de Antón Avilés de Taramancos e María Mariño.
Á que lle seguirá a intervención do artista Serafín Marcos co espectáculo COA LEDICIA DE VOLTAR onde lembrara ao escritor homenaxeado.
Despois a Escola de Danza Oitos representará o espèctáculo de danza O Nacemento Duns Versos
E, para rematar as 13:00 h concerto de música galega da Banda de musica Cultural Vila de Noia e que terá lugar nos Xardíns Felipe de Castro.
Máis Letras Galegas
O día 21 de maio, sábado, ás 20:00 h o Teatro Coliseo Noela acollerá a obra Rubindo Rochedos, Contos, lendas e Cafés da compañía 5 S. Danza inclusiva
Dita obra é de danza inclusiva, teatro, onde a poesía e o humor forman unha linguaxe común para falar dos temas máis sinxelos e á vez máis complexos do ser humano. O amor, a felicidade e os soños… Son doce actores os que desde o escenario nos comunicarán todo a mensaxe deste grupo de teatro e danza inclusiva.
Entrada libre ata completar o aforo.