Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Cuarta edición do Festival Intercultural de Compostela

SONY DSC

SONY DSC

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 8 de setembro do 2018 – A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, acompañada do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, e de Nidia Aquino, do Colectivo Paraguay, a cuarta edición do Festival Intercultural, que se celebrará este domingo na Alameda de Compostela.
    • Compostela Convive

Compostela, 8 de setembro do 2018 – A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, acompañada do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, e de Nidia Aquino, do Colectivo Paraguay, a cuarta edición do Festival Intercultural, que se celebrará este domingo na Alameda de Compostela.

Nesta edición 2018 estarán presentes seis países latinoamericanos como son Perú, Paraguai, Venezuela, República Dominicana, Ecuador e Colombia. O evento comezará ás 13:30 e rematará cara ás 19:00 horas e consistirá, por unha banda, nunha degustación de comidas típicas e, por outra, nun festival folclórico con presentación de varios números artísticos.

No que ten que ver coa parte gastronómica prepararanse pratos típicos dos países participantes, como sopa paraguaia, chipa guasu, ceviche ao estilo peruano, sancocho de carnes variadas con arroz branco, ensalada rusa ou fritada ecuatoriana, entre outros.

En canto á parte artística, haberá unha actuación da cantante arxentina Rocío, acompañada dun guitarrista cun amplo repertorio de tangos, boleros e outros estilos. Tamén haberá bailes típicos de Paraguai (danza da botella, chamamé e paxaro campá), bailes rexionais de Perú, de Bolivia, de Colombia e da República Dominicana. Asistirá tamén o grupo de percusión Trópico de Grelos.

Ademais hoxe sábado, dende as 17:30 ás 20:30 h, haberá un obradoiro de cociña que presentarán Colombia e Paraguai e que terá lugar no Centro Sociocultural de Vite. Nesta ocasión aprenderase a elaborar algúns dos menús típicos destes dous países, como son os patacóns, a carne desmechada, a tortiña paraguaia ou o cocido.

SONY DSC

Compostela Convive

Durante este ano 2018, o Concello de Santiago e a Plataforma polo Emprego levan a cabo o programa Compostela Convive, que ten como finalidade desenvolver accións destinadas á inserción sociolaboral e á promoción da interculturalidade en xeral de todas aquelas persoas que estean desempregadas ou que precisen mellorar a súa situación sociolaboral, prestando unha atención máis específica a aquelas persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social ou con especial dificultade á hora de inserirse social e laboralmente. Neste caso está orientado á poboación migrante en particular e á cidadanía en xeral.

No proxecto distínguense tres áreas de traballo, como son as titorías personalizadas para o apoio na busca de emprego, a formación grupal para a adquisición de coñecementos por medio das novas tecnoloxías e inmersión lingüística, así como a interculturalidade e a convivencia. É dentro deste terceiro eixo onde se enmarcan as actividades que se desenvolverán esta fin de semana.

Post navigation

Previous: VI Concurso de Fotografía Paisaxes de Boqueixón
Next: San Caralampio cumpre en Melide 72 anos de celebracións

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

centro-saude-ordes-slide-19-agosto-2017_r
4 minutes read
  • Compostela

Reclaman a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.