Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O CSIC nomea a Concepción Sánchez directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia

csic concepcion sanchez directora instituo agricola slide 29 junio 2017_r

Table of Contents

Toggle
  • Compostela, 29 de xuño do 2017 – O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) nomeou a Concepción Sánchez Fernández, científica titular do CSIC, directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia.
    • O IIAG

Compostela, 29 de xuño do 2017 – O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) nomeou a Concepción Sánchez Fernández, científica titular do CSIC, directora do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia.

Carmen Trasar Cepeda, directora desde 2008, será a vicedirectora.

Concepción Sánchez Fernández, natural de Lalín, é a xefa dun dos seis grupos de investigación do IIAG, Biotecnoloxía de especies leñosas, e desde 2008 exercía á súa vez como vicedirectora do centro.

Licenciada e doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou a súa tese doutoral no ámbito da micropropagación de árbores adultas no IIAG. Completou a súa formación cunha estancia postdoctoral na Universidade de Minnesota (Estados Unidos) e con estancias curtas noutros centros europeos de referencia no ámbito das investigacións sobre a biotecnoloxía de especies leñosas.

Desde 1999 forma parte do persoal investigador do CSIC no IIAG, onde puxo en marcha a liña de investigación de bioloxía molecular para a caracterización de xenes relacionados coa perda de capacidade morfoxenética asociada ao envellecemento e coa adquisición da competencia en procesos de derexeneración.

O seu labor científico desenvólvese no ámbito da biotecnoloxía das especies leñosas, particularmente en especies forestais (castiñeiro e carballo), abordando diferentes aspectos a nivel fisiolóxico e molecular relacionados coa micropropagación de árbores adultas, así como a rexeneración e conservación de xermoplasma.

A súa traxectoria científica está avalada por publicacións en revistas científicas de impacto e capítulos de libros. Desenvolveu as súas investigacións tanto a través da dirección de proxectos de investigación financiados por convocatorias públicas competitivas autonómicas, nacionais e internacionais como de contratos con empresas.

Entre os resultados das súas investigacións figura a posta a piques de métodos de rexuvenecemento para a clonación de árbores adultas seleccionadas, a optimización de protocolos de enraizamento e caracterización molecular do material micropropagado, a caracterización de xenes que teñen un papel relevante en etapas temperás da formación de raíces adventicias e de xenes que participan no desenvolvemento embrionario ou a identificación de varios xenes candidatos que parecen estar implicados nos mecanismos de defensa do castiñeiro ante a infección por Phytophthora cinnamomi, causante da enfermidade da tinta na devandita especie.

O IIAG

O IIAG, con sede no Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, data de 1953. O seu obxectivo é realizar investigación científica e técnica na área agroforestal, sendo, por tanto, o chan e as plantas os suxeitos prioritarios das súas investigacións e a mellora dos sistemas agroforestais o seu obxectivo inmediato.

Organízase ao redor de dous departamentos (Bioquímica do chan e Fisioloxía vexetal) e seis grupos de investigación: Bioquímica e calidade de chans, Ciclo bioxeoquímico do carbono edáfico, Enzimoloxía do chan, Microbioloxía, Biotecnoloxía de especies leñosas e Biotecnoloxía e mellora forestal.

Post navigation

Previous: Curso gratuíto en Oroso sobre a construción dunha tenda web
Next: O CPI Ponte Carreira de Frades presenta a súa horta ecolóxica

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.