Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Rosa Crujeiras e Maite Flores loitarán polo reitorado da USC nunha segunda volta

Crujeiras obtivo un total de 985 votos ponderados, mentres que Flores recibiu 536 votos na carreira polo reitorado da USC

usc eeccions 13 febreiro 2026

As eleccións da USC decidiranse nunha segunda volta electoral logo de que ningunha das candidatas obtivera a maioría suficiente. As catedráticas Rosa Crujeiras e Maite Flores resultaron ser as máis votadas cun total de 985 e 536 votos ponderados.

A terceira candidata máis votada foi María José López Couso con 503 votos ponderados e a cuarta, Alba Nogueira, con 380 votos ponderados.

Rosa Crujeiras acadou 459 votos ponderados por parte do Sector I (Persoal docente e investigador con vinculación permanente), 96 do Sector II (resto do PDI), 291 do Sector III (estudantado) e 139 do Sector IV (Persoal Técnico de Xestión de Administración e Servizos. Pola súa parte, Maite Flores acadou 270 votos ponderados do Sector I, 60 do Sector II, 161 do Sector III e 45 do Sector IV.

María José López Couso acadou 291 votos ponderados do Sector I, 63 do Sector II, 113 do Sector III e 36 do Sector IV, mentres que Alba Nogueira obtivo 205 votos ponderados do Sector I, 46 do Sector II, 108 do Sector III e 21 do Sector IV.

A participación por sectores foi dun 95,94 % no Sector I, 71,04 % no Sector II, 30,83% no III e de 86,71% no IV.

Logo da votación, o reitor Antonio López trasladoulle os seus parabéns ás candidatas Crujeiras e Flores por pasar á segunda volta así como a López Couso e Nogueira “por contribuír entre todas ao debate institucional ao redor do futuro da USC”.

 “Temos ademais que congratularnos pola participación, con especial atención ao estudantado, que superou o 28% do seu censo”, manifestou. O reitor compostelán agradeceu ademais o traballo do persoal implicado nesta xornada, na que se demostrou a eficacia do voto electrónico como ferramenta incentivadora da participación.

Calendario

Na segunda volta, a campaña prolongaríase entre o 27 febreiro e o 9 de marzo, quedando reservado o día 10 para a xornada de reflexión e o 11 dese mes para as novas votacións.

O día 12 de marzo tería lugar a proclamación provisional da reitora electa, mentres que os recursos poderán efectuarse entre o 13 e o 20 marzo. A proclamación definitiva da reitora electa será o 23 de marzo. Pode obterse máis información sobre os tres procesos no web de ‘Participación e procesos electorais’. 

Post navigation

Previous: Apoio da Deputación ás empresas e autónomos de Ordes
Next: Lousame e Deputación renovan o céspede artificial do campo de fútbol de Cabanetán

Máis novas

Alex-Doval-alcalde-Oroso-slide-17-xullo-2023_6764_r
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Alex Doval, alcalde de Oroso

ames reconhecemento extraxudicial 14 setembro 2026
6 minutes read
  • Xeral

Novo recoñecemento extraxudicial do concello de Ames

Rois: O Pleno aproba volver licitar o Servizo de Axuda no Fogar
4 minutes read
  • Xeral

Rois licita de novo o Servizo de Axuda no Fogar

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (733) Politica (945) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.