займ срочно

Criticas á opacidade nos gastos da escola de música de Ames

0

Ames, 20 de decembro do 2021 – O Partido Popular de Ames reclama transparencia na contabilidade da EMMA, a Escola Municipal de Música.

Un concerto dos alumnos da Escola Municipal de Música de Ames

Un concerto dos alumnos da Escola Municipal de Música de Ames

Os Populares critican a falta de información sobre o déficit que acumula a escola de música que segue, din, “acumulando  desafección veciñal e falta de prestixio”.

O PP de Ames é crítico co reparto dos gastos en diferentes partidas da denominada “promoción cultural” o que impide, din, coñecer a realidade do servizo. Engaden que nos últimos anos o recadado polo prezo público da escola sempre foi inferior ao orzamentado.

Según o grupo municipal popular de Ames os ingresos “apenas serven para cubrir o gasto de persoal dos profesores da EMMA. Uns gastos que ascenden, segundo información orzamentaria, a máis de 72.000 euros”.

O PP tamén explican que a falta de información tería solución “dotando á escola de música dun programa orzamentario propio como o teñen as escolas municipais infantís ou o servizo de normalización lingüística”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies