Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Critican a incorporación de Serra do Barbanza a SOGAMA

ADEGA considera que a incorporación de Serra do Barbanza a SOGAMA é un paso atrás e que o modelo inicial era posible

adega serra do barbanza sgama 14 xaneiro 2026

A Mancomunidade Serra do Barbanza en de asinar un acordo con SOGAMA polo que os residuos que antes se trataban na planta de compostaxe poderán tratarse nas instalacións de SOGAMA. Un acordo que contou coa presencia da Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez,  e que foi asinado polo presidente de SOGAMA, Javier Domínguez, e o da Mancomunidade Serra do Barbanza e Alcalde de Brión, Pablo Lago

Para a asociación ecoloxista ADEGA o acordo é un paso atrás “e a cesión ante as presións da Xunta e Ecoembes que viñan asfixiando este modelo alternativo xa desde 2010, cando demostrou ser dos máis eficientes de todo o Estado”.

Segundo ADEGA, SOGAMA tratou xa en 2025 o 82% dos residuos xerados en Galiza, e coa incorporación da Mancomunidade da Serra do Barbanza pasará a tratar o 85% do total. Polo que “é responsábel do incumprimento dos obxectivos de tratamento a nivel galego, o que se traduce na situación de Galiza como terceira comunidade pola cola en reciclaxe, só despois de Melilla e Ceuta, en 2022 (últimos datos dispoñíbeis”.

Barbanza: 2 décadas reciclando 5 veces máis que SOGAMA

SOGAMA comezou a funcionar no ano 2000 e o modelo do Barbanza fíxoo en 2003. Ao longo de máis de dúas décadas, o modelo de Barbanza multiplicou por 5 os resultados medios de SOGAMA. Até 2010, Barbanza superou o 60% de reciclaxe, cifra que caeu ao 35-40% nos anos que seguiron até a actualidade, pero sempre moi superior ás acadadas no conxunto do ámbito SOGAMA, que se mantivo arredor dun 10%, para situarse entre o 15 e o 20% despois dos fortes investimentos do ano 2019.

En este punto ADEGA lembra que os investimentos en SOGAMA foron de “máis de 31 millóns de euros, que lle foron negados a Barbanza e a Nostián”. Engaden que “En contra do que afirma a Xunta sobre a capacidade de tratamento de SOGAMA do 100% do lixo galego, a realidade é que a planta incineradora só pode tratar unha cantidade fixa de residuos, e a porcentaxe de vertido só decrece cando decrece a entrada de residuos a SOGAMA”.

O acordo coa Mancomunidade Serra do Barbanza significa simplemente un cambio de lugar de vertido dos residuos, que en vez de ir a Sobrado, pasarán a verterse no vertedoiro sen fin da Areosa. Segundo ADEGA “Trátase do maior vertedoiro de toda a historia de Galiza, e que acumula xa 6,5 millóns de toneladas de residuos vertidos desde a súa inauguración en 1995”.

A reciclaxe e a compostaxe en SOGAMA, estancadas e moi baixas

Os datos tamén indican que as supostas melloras introducidas por SOGAMA en 2019 para recuperar residuos para reciclaxe a partir da bolsa negra tiveron un efecto moi reducido. A reciclaxe total do que entra a SOGAMA só conseguiu pasar do 5,3% en 2018 ao 8,2% en 2020, o máximo histórico.

 Nos últimos anos está a diminuír, volvendo ao 6,7% en 2024. Os ecoloxistas engaden a estas cifras que  “outra das melloras en SOGAMA é a posta en funcionamento dunha planta de compostaxe, que tras 4 anos en operación só conseguiu tratar o 0,1% dos residuos entrantes”.

Dúbidas

ADEGA resume as críticas explicando que “O Barbanza incorpórase a un modelo que incumpriu os obxectivos de reciclaxe do 50% fixados para 2020, e que hoxe está aínda máis lonxe de cumprir o obxectivo do 55% estabelecido na normativa para 2025”.

O acordo ten unha vixencia de 5 anos prorrogábel e o anuncio feito pola Xunta non concreta se o que vai tratar SOGAMA “son unicamente os rexeites, ou se implica, como sospeitamos, o peche total das instalacións de Servia en Lousame, coa perda de empregos que isto significaría”.

Si está confirmado que os rexeites (entre o 60 e o 70% do lixo xerado na Mancomunidade) que se enviaban en 2025 ao vertedoiro de Sobrado dos Monxes pasarán a enviarse ao de SOGAMA en Cerceda. Nos últimos anos, SOGAMA vén enviando a vertedoiro unhas 200.000 toneladas anuais, que agora incrementará en aproximadamente un 10%.

Post navigation

Previous: A Bandeira acolle a presentación do Entroido tradicional da Ulla
Next: 29 empresas de economía social beneficiaranse en Compostela das axudas do concello

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.