Lousame, 6 de outubro do 2018 – O Partido da Terra de Lousame levou a pleno unha moción de urxencia para rexeitar solicitudes de instalación dun crematorio e a entrega de documentación relativa ao tanatorio actual.
A alarma nos veciños, según o Partido da Terra, xurde cando no tanatorio situado no centro de Lousame colócase un rótulo de Crematorio que é retirado aos poucos días. De abrirse ese servizo nas citadas instalacións quedaría a 65 metros da casa consistorial, a 90 metros da Casa da Cultura, a 100 metros do maior parque infantil do municipio e a menos de 100 metros das vivendas mais próximas. O Pxom recolle ese terreo como núcleo rural polo, dado que a cremación é unha actividade contaminante, a Lei 34/2007 de 15 de novembro prohibiría a apertura en ese lugar.
O Partido da Terra aporta na moción presentada distintas sentenzas contrarias a instalación de este tipo de servizos en zonas próximas as vivendas pola potencialidade perigosidade e a incuestionable contaminación e molestias para a veciñanza.
A moción pedía no primeiro punto que a corporación manifestara o seu compromiso co benestar dos veciños rexeitando a instalación dun forno crematorio no núcleo de Porto Bravo. Instábase ao goberno municipal para que denegara calquera solicitude actual o futura de instalación. Tamén se pedía a entrega a tódolos grupos políticos, no prazo de tres días, de todos os antecedentes administrativos sobre a presunta instalación do crematorio e do actual tanatorio, incluíndo licenzas de obras, comunicacións previas ou informes sobre subvencións recibidas. Finalmente se solicitaba dar traslado a Consellería de Sanidade e a Xefatura territorial.
A urxencia da moción foi a probada pero non saiu adiante polos votos en contra do Partido Popular e do PSOE,que argumentaron que non existía aínda proxecto nin solicitude para tal instalación, mentres que só Partido da Terra e BNG votaron a favor”.