Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Entre a música e a comedia as Crechas acollen ao monologuista Zakarías O’Facas

crechas monologo zakarias slide 29 junio 2017_r

Compostela, 29 de xuño do 2017 –  A Casa das Crechas acolle o espectáculo Maldita Peaxe, dirixido e interpretado por Zakarías O’Facas, que se move entre os xéneros do teatro e do monólogo cómico, aduviado por unha ecléctica escolma musical.

O texto interpretado é unha adaptación da novela curta Peaxes, do escritor vigués Santiago Lopo, e publicada por Edicións Xerais de Galicia na súa colección de Narrativa. O espectáculo fai uso do poético e do cómico, do dramático e do irónico, do tráxico e do sarcástico, na procura da comunicación directa co público.

O protagonista da obra desenvolve o seu traballo no interior dunha cabina na peaxe da autoestrada. Desde esta claustrofóbica posición de privilexio, observa atentamente aos condutores habituais na súa ruta. A rutina faino refuxiarse na súa propia imaxinación, visualizando as vidas dos que pasan fronte ao seu posto. E axiña atopa o seu propio xeito de rachar co fastío do traballo: a escritura dun diario, onde retrata aos condutores e as súas vidas, observadas, intuídas, e imaxinadas.

Preséntanos así unha serie de existencias humanas reconstruídas a partir de fragmentos de conversas, obxectos transportados nos vehículos, e dos ritmos e melodías que acompañan as viaxes das personaxes. Mais ao cabo do tempo, será inevitábel que comece a interaccionar con elas…

Zakarías O’Facas, actor e contacontos vigués, formouse como actor na escola de teatro Santart (Santiago de Compostela), e na Asociación “A Artística”(Vigo) onde estudou improvisación e técnicas vocais con Cristina Dominguez. Formouse coma contacontos en cursos impartidos por Candido Pazó e Charo Pita.

Na súa experiencia profesional Zakarías O’Facas inclúe actuacións coas compañías Teatro do Noroeste, Teatro Santart, o grupo Migallas, a Aula de Teatro de Pontevedra, o grupo cómico 4 x 4, e o grupo narrativo-musical 4 ghatos. Como contador posúe unha ampla e variada experiencia en bares, teatros, festas, escolas, e despedidas de solteira.

Post navigation

Previous: Carla Simón presenta en NUMAX a preestrea de «Verán 1993»
Next: Máis de 320 patinadores esta fin de semana no III Trofeo Concello de Ordes Grupos Show

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.