Compostela, 1 de marzo do 2018 – O Trío Katz, MaCleod e McAuley estará a partir das 9 de esta noite na Casa das Crechas, música tradicional escocesa con experimentados músicos. As entradas a un prezo de 7 euros.
O Trío está formado por Mike Katz, gaiteiro da escocesa Battlefield Band, o mandolinista Ian MaCleod, primeiro mandolinista de Shooglenifty, e o guitarrista Charles McAuley, membro dos Porcoteixos, ben coñecidos nas Crechas.
É o primeiro dos concertos de marzo, un mes que terá interesantes propostas do mundo do jazz como o Trío Zico, con Lar Legido na percusión, Sumrrá ou Pablo Sax Trío. O DJ Lord Sassafras estará para celebrar o Día de San Patricio e tamén haberá unha festa con entrada libre, o venres 16, para celebrar o aniversario do local. Son só algúns dos concertos do mes que hoxe comeza na Casa das Crechas.
