Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Os casos de Covid en estudantes suben ata 371 e SATSE pide enfermeiras nos colexios

Os casos de Covid nos centros educativos da Área Sanitaria non deixan de subir e si o sábado pasado eran 300 onte martes chegaban aos 371.
covid-escuelas-slide-20-xaneiro-2021_r

Table of Contents

Toggle
  • Bisbarra, 20 de xaneiro do 2021 – Os casos de Covid nos centros educativos da Área Sanitaria non deixan de subir, si o sábado pasado eran 300 onte martes chegaban aos 371.
    • Enfermeiras nas aulas

Bisbarra, 20 de xaneiro do 2021 – Os casos de Covid nos centros educativos da Área Sanitaria non deixan de subir, si o sábado pasado eran 300 onte martes chegaban aos 371.

Nos colexios de primaria e institutos había 13 aulas pechadas no día de onte según os datos da Consellería de Educación. Nosa Señora dos Remedios en Santiago ten a maior incidencia con 11 casos de contaxios por Covid; o CPI de Pontecesures e a Compañía de María e La Salle en Santiago contan 9 contaxios; o CFIP de Compostela ten 8 contaxios;  e o IES Camilo José Cela de Padrón, o Antón Fraguas e o Rosalía de Castro en Santiago, e o CPI de Bembibre en Val do Dubra con 7 son os que teñen máis contaxios.

Enfermeiras nas aulas

coincidindo coa escalada de casos en centros educativos, que se reproduce en toda España, o Sindicato de Enfermería SATSE asegura que “Contar cunha enfermeira escolar evita gran parte dos brotes nos centros educativos”.

SATSE emitiu onte un comunicado a nivel nacional que podería coincidir co que sucede na Área Sanitaria. O sindicato asegura que según os datos do Ministerio de Sanidad  “producense case catro veces máis brotes nos colexios e institutos que nos centros sanitarios”.

SATSE subliña que os brotes nos centros educativos poderían evitarse na maior parte se se implantara de maneira xeneralizada a figura da enfermeira escolar para realizar os labores de coordinador COVID-19. Poñen como exemplo o caso de Andalucía onde a presenza de enfermeiras en colexios e institutos fai que o 98,9 por cento dos centros educativos da Comunidade Autónoma están libres de Coronavirus e  non se produciu o peche de ningún centro.

O Sindicato lembra que a Organización Mundial da Saúde (OMS) xa se mostrou partidaria ao comezo do curso de contar cunha enfermeira nos colexios e institutos para que puidese converterse nunha “barreira” efectiva e eficaz #ante a propagación do virus entre os nenos, nenas e novas.

“A realidade constata, día tras día, que resulta moi necesario que os centros escolares do conxunto do Estado conten cunha enfermeira ou enfermeiro que, ademais de atender e protexer aos nenos, nenas e novas, faga un labor preventiva e de vixilancia fundamental nos actuais momentos de pandemia”, apuntan desde a organización sindical.

Post navigation

Previous: Reclaman a vacinación dos traballadores de axuda no fogar
Next: Piden bonificacións para a hostalería de Val do Dubra

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.