Compostela, 22 de novembro do 2024 – EL Corte Inglés (CI) de Santiago estreou onte a remodelada sala de Ámbito Cultural de referencia para toda Galicia no Centro Comercial Compostela.
O Ámbito Cultural do CI de Compostela acolleu desde a súa posta en marcha máis de 600 actividades culturais gratuítas e pasaron por el máis de 75.000 persoas. Trátase dunha das 20 salas que a marca ten en toda España.
O espazo totalmente renovado e á vangarda das últimas tecnoloxías audiovisuais e técnicas, pretende consolidar ao Corte Inglés como un referente da escena cultural de Galicia. O acto de inauguración contou coa presenza institucional do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o secretario xeral dá Lingua, Valentín García, así como en representación do concello de Santiago de Compostela, do terceiro tenente de alcaldesa, Xesús Domínguez.
O director de Ámbito Cultural do Corte Inglés, Gervasio de Pousadas, expresou a súa satisfacción e agradecemento pola inauguración deste novo espazo. Compartindo a orixe de Ámbito Cultural, unha área con máis de 25 anos, que naceu coa vocación de compartir e facer unha mellor sociedade. Achegando á cultura un enfoque transversal, diverso e sobre todo participativo.
Cristina García de Albéniz, directora do Corte Inglés de Santiago de Compostela, lembrou como Ámbito Cultural en Santiago de Compostela foi punto de encontro e escaparate da cultura para a cidade. Tamén compartiu que “durante esta nova etapa achegaranse propostas culturais que enriquezan, sexan fonte de inspiración, e complementen a ampla programación cultural que acolle Galicia. Impulsando e apoiando a cultura, a arte e as letras en todas as súas disciplinas e manifestacións. Desde unha visión multidisciplinar e con programacións integrais para todas as idades. Reforzaremos o apoio aos creadores noveis e seguiremos impulsando a creación cultural en galego, como parte do noso compromiso con Galicia.”
O encontro reuniu tamén a numerosas personalidades da cultura de Galicia.
A posta en escena para a presentación contou coa pianista e compositora, Elsa Muñiz. Formada en Galicia e na Universidade de Música Fryderyk Chopin en Vasovia, fusiona literatura e música nun novo formato, o “pianotelling”. Pezas instrumentais para piano que cobran vida a través dun microrrelato autobiográfico. A artista interpretou dúas pezas: “Esperanza de papel” e “Looking on the bright side”.
A sala dará comezo nos próximos días a unha completa programación cultural que contará con presentacións e firmas de libros, debates, talleres de creación literaria, concertos ou exposicións. Carmen Pousadas, Eva García Sáez de Urturi, María Solar, Juan Tallón ou Arturo Maneiro entre outros escritores e artistas, serán os primeiros en visitar este novo espazo.
Toda a programación dispoñible pode consultarse na web Ámbito Cultural así como está dispoñible mediante subscrición ao newsletter mensual de Ámbito Cultural de Galicia.
O Ámbito Cultural
Ámbito Cultural é a área do Corte Inglés que busca achegar o mellor do panorama cultural a toda a cidadanía. Nace en 1997 para potenciar o vínculo do Corte Inglés coa Cultural, a través dunha programación regular en espazos habilitados nos espazos comerciais, así como na contorna dixital.
Ámbito Cultural realiza de forma anual máis de 1.900 eventos gratuítos en España e Portugal entre os que se atopan: presentacións de libros, actuacións musicais, exposicións de arte, recitais poéticos, ciclos de conferencias, clubs de lectura, talleres, proxeccións cinematográficas e outras moitas actividades.