Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Xeral

Isabel Muñoz mostra en Compostela o primeiro templo da humanidade

corte ingles isabel munhoz slide 13 febreiro 2025 (2)

Compostela, 13 de febreiro do 2025 – A fotógrafa Isabel Muñoz inaugurou, no Ámbito Cultural do Centro Comercial Compostela, unha mostra sobre o primeiro templo da humanidade.

Isabel Muñoz mostrou antes os medios a súa paixón por un proxecto no que leva traballando os últimos cinco anos. Para esta premiada artista a exposición explica “de onde vimos, onde estamos e que imos deixar para as xeracións futuras”.

As imaxes e vídeos que se poden ver na instalación corresponden ao tenmplo Göbekli Tepe, en Turquía. Tal como explicou Isabel Muñoz miles de anos antes de que se puxesen as primeiras pedras en Stonehenge ou nas pirámides de Exipto, os seres humanos empezaron a reunirse nos outeiros de Göbekli Tepe.

Hai máis de 11.000 anos, os cazadores recolectores, até agora considerados incapaces de construír estruturas permanentes, “comezaron a alzar estruturas monumentais nese lugar cunha intención que, pola ausencia dunha linguaxe escrita, só podemos intuír”.

Isabel Muñoz asegura que foi un gran privilexio poder fotografalo, “eu non son unha fotógrafa de arqueoloxía nin unha arqueóloga, pero quería contalo dunha forma moi especial, achegarme a eles, amalos e transmitir ese amor e o que nos querían contar”.

 Na exposición pódense ver pezas nas que “está presente a terra turca, o ADN desas persoas”, e onde a fotógrafa puido investigar sobre unha nova forma de contar. Todas as fotografías están realizadas de noite, “coa mesma iluminación que usaban eles, con eses fachos que desvelan moitas das cousas e moitos dos enigmas que nos quixeron deixar”.

Isabel Muñoz traslada en grandes caixas de luz, fotografía de gran formato, impresións con metais preciosos ou terra dos xacementos turcos o espírito desta civilización, que é practicamente descoñecida para o resto do mundo.

A artista radiografía, a través do seu obxectivo, o máis básico do ser humano, os seus movementos, os ritos que facían, o sentido dos símbolos, a importancia da lúa e a auga en Karahan. Algunhas das obras están emulsionadas en prata e ouro.

Isabel Muñoz gañou dous premios World Press Photo, o Premio Nacional de Fotografía de España 2016, a medalla ao Mérito das Belas Artes e é membro da Academia de Belas Artes de San Fernando.

A exposición estará aberta ata o vindeiro 6 de marzo.

Post navigation

Previous: Músicos filólogos da USC conmemoran os 50 anos da súa facultade
Next: Paneis solares para a escola infantil de Ames e de música de Brión

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.