Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Boqueixón
  • Vedra

Correntes do Ulla, un programa de actividades dos concellos de Boqueixón e Vedra

Os concellos de Boqueixón e Vedra seguen colaborando e multiples facetas e presentan o programa de actividades “Correntes do Ulla”.
vedra-boqueixon-corrente-do-ulla-slide-22-xunho-2022_r

Bisbarra, 22 de xuño do 2022 – Os concellos de Boqueixón e Vedra seguen colaborando e multiples facetas e presentan o programa de actividades “Correntes do Ulla”.

A proposta foi presentada polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e o de Vedra, Carlos Martínez Carrillo. Correntes do Ulla ofrecerá catro actividades de piragüismo, pesca, sendeirismo e voluntariado ambiental.

Carlos Martínez explica que “un ano máis, Boqueixón e Vedra somos un exemplo de como hai que colaborar entre administracións. Neste caso, un río que nos une e que compartimos como é o Ulla, na súa parte central, permítenos facer estas actividades que este ano chamamos Correntes do Ulla. Actividades moi valoradas non só pola nosa veciñanza senón por toda a comarca de das dúas provincias porque sempre ten moitos participantes de máis aló das nosas fronteiras”   

Manuel Munín indica pola súa banda que “empezaremos o 9 de xullo co descenso do Ulla en piraguas, teremos un campo de voluntariado chamado Unindo Roteiros para concienciar medioambientalmente á mocidade, teremos o Goza de Ulla cunha ruta de sendeirismo pola ruta dos Pescadores ata Agronovo e unha escola de pesca en río, en Agronovo e Sucira. Son actividades nunha contorna espectacular para ser practicadas e agardamos que poidan ser moi desfrutadas pola nosa veciñanza durante o mes de xullo”.

Inscricións

A oferta está aberta a toda a cidadanía e relacionadas co río Ulla. Máis información e inscricións nas webs municipais: www.concellodevedra.gal e www.boqueixon.gal.

Programa Correntes do Ulla

“Correntes do Ulla” dará comezo o sábado 9 de xullo coa única actividade de pago: o descenso do Ulla en piraguas. Un percorrido entre Ponteledesma ata a área de recreo de Agronovo. O número de prazas é limitado e as inscricións custan 20 euros, que inclúen piragua para dúas persoas, chaleco salvavidas e seguro.

Do 15 ao 26 de xullo terá lugar o campo de voluntariado “Unindo roteiros”, dirixido a mozos e mozas de Boqueixón e de Vedra de entre 18 e 30 anos. Un campamento medioambiental e de dinamización no que as persoas participantes traballarán na creación dun novo sendeiro que unirá a Ruta dos Pescadores, desde a aldea de Donas (Boqueixón), ata o Miradoiro de Gundián (Vedra). Tres quilómetros de sendeiro que os levarán a enlazar coa ruta de San Xoán da Cova. Colabora a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Por outra banda, dentro do programa Goza do Ulla, ambos os dous concellos ofrecen a ruta “Unindo roteiros… ao pé do Ulla”, que se tratará de poñer en marcha a través do campo de voluntariado. A ruta de sendeirismo terá lugar o domingo 24 de xullo, ás 10:00 horas, e desenvolverase ao longo dos 10 quilómetros que separan Sucira (ruta dos Pescadores) de Agronovo (ruta de San Xoán da Cova).

Finalmente, en colaboración coa Federación Galega de Pesca, Boqueixón e Vedra ofrecerán dúas sesións da Escola de Pesca en Río. Dirixidas a nenos e nenas de entre os 10 e os 13 anos, serán impartidas por David Arcay, campión do mundo de pesca de mosca, quen introducirá á rapazada no mundo da pesca sostible e a concienciación coa natureza. As clases terán lugar o mércores 27 de xullo na área de recreo de Agronovo e o xoves 28 de xullo na área de recreo de Sucira. En ambos os dous casos, o horario será de 10:00 a 13:00 horas.

Post navigation

Previous: De tapas por Silleda coa terceira edición de Tapecos
Next: Volve o san Xoán a Mazarelos

Máis novas

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.