займ срочно

Máis de cen persoas camiñan para protestar pola balsa de Cornanda

0

Bisbarra, 18 de setembro do 2023 – Unha andaina reivindicativa serviu para lembrar o proxecto de construción dunha central de bombeo no Tambre, en Cornanda, á que se opón a veciñanza.

O proxecto de construción dunha central de bombeo en Cornanda data de principios de ano. Na reunión na que se creo unha comisión co fin de alegar contra a infraestrutura o alcalde, Pablo Lago, dicía que “nesta reunión quedou claro que ninguén na parroquia quere que se instale esta central hidráulica reversible no río Tambre, polo que o Concello fará fronte común cos seus veciños e traballaremos conxuntamente para presentar as mellores alegacións posibles”.

Esta fin de semana organizábase unha andaina reivindicativa que discorreu polos puntos clave onde se pretende asentar a balsa, nas proximidades das aldeas de A Graña, Vilariño, Busto de Frades e Cornanda.

A pesares das previsións climatolóxicas, a choiva deu tregua e conseguiuse reunir un gran número de persoas no entorno do encoro “Barrié de la Maza”. O percorrido comezou arredor das 11 horas e rematou 2 horas máis tarde nas proximidades da “Pedra do Santo”, en Busto de Frades. 

Ao chegar á meta, a Plataforma mostrou o seu agradecemento pola asistencia cun pequeno almorzo. Alí tamén se lle explicou a todos aqueles que descoñecían a existencia deste problema, os prexuízos futuros que pode ocasionar no benestar da veciñanza e á contorna en xeral.

Na ruta participaron máis de cen persoas o que demostra segundo a Plataforma que “a comarca está totalmente en contra da execución do proxecto, querendo preservar o entorno natural tal e como está na actualidade, cunha riqueza extraordinaria que é o sustento de moitas familias dedicadas á gandaría e á agricultura”.

A ruta serviu ademais para convocar aos participantes a unha concentración para o próximo 30 de setembro, dende o Paseo da Alameda ata a Praza de Praterías en Santiago de Compostela, co obxectivo de esixir información sobre o estado da tramitación do expediente e tamén para solicitar unha reunión para explicar o seu posicionamento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies