Teo, 29 de setembro do 2021 – O Concello de Teo presentou os resultados do Informe de radon residencial realizado no Concello polo laboratorio de Radon da USC,
A concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, e Alberto Ruano, profesor da USC explicaron o traballo de medicións realizado en 140 vivendas e as conclusións ás que chegaron. Na presentación tamén se fixeron recomendacións para evitar a exposición ao gas radon por riba das recomendacións europeas
O traballo
As veces os medios de comunicación transmitimos as novas dun xeito que alarma no canto de informar. Unha saturación de novas sobre o gas radon foi o que levou a primeira tenente de alcalde de Teo, Uxía Lemus, a consultar coas fontes, co laboratorio que a USC ten dedicado a estudar este gas e de esa consulta saíu este estudo
O radon emana da terra e os datos non se apartaron moito das previsións do experto da Universidade Alex Ruano. A cuestión é que un non se pode desfacer do gas para sempre, hai que convivir con el e iso leva a actuar cando aparecen os problemas pero sobre todo a previr desde o momento no que se constrúe a casa
Precisamente a presenza de gas radon, tal como confirmou o estudo, ten que ver moito co ventilada que estea a casa. Nas casas máis vellas, cunha arquitectura máis tradicional, na que o chan é moitas veces de terra en sotos pouco aireados, os niveis son máis altos
Agora toca informar dos datos e sobre todo asesorar a cidadanía que moitas veces non coñece nin normativas nin as axudas que existen para corrixir a presenza do gas nas casas. Como explica Uxía Lemus o principal e buscar a expertos antes de meterse en gastos que poden acabar por non solucionar nada
O traballo realizado ven a demostrar a importancia da información para afrontar os problemas e tamén a necesidade de colaborar cos expertos da Universidade de Santiago. A presenza da USC de xeito activo na sociedade ten que ser cada vez maior pero a implicación dos concellos, como sucedeu en Teo, é fundamental.